Temas: MULLER NOIA

“As mulleres sangran sen cortarse”, di o alcalde de Noia nun acto sobre as mulleres

Esta é unhas das sorprendentes frases que deixou onte Santiago Freire, do Partido Popular. O máis sorprendente é que as dixo durante un acto polo 8 de marzo, Día Internaconal da Muller. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | | 09/03/2017 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O político conservador tentou facer gracia con ocurrencias cpmo “a muller é capaz de tocar as narices sen acercarse” ou “a muller é capaz de dar a luz sen corrente”. Logo engadiu que “son moitas as dificultades fisiolóxicas que ten a muller con respecto ao home que en ocasións fai que ese traballo que teñen que facer de forza física se lle complique”.

Santiago Freire alcalde de Noia
Santiago Freire alcalde de Noia

 

Ante estas declaracións, a oposición pide explicacións. Ao propio Freire, e no caso do BNG, ao presidente da Xunta. A deputada Olalla Rodil pregúntalle ao presidente galego se “feminismo sen etiquetas” do que tanto presume é compatible cos chistes pexorativos sobre a muller do rexedor. A deputada Yolanda Díaz (En Marea) cualificou as declaracións de machismo. 

 

Temas: MULLER NOIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta