Plan de continxencia para salvar os castiñeiros galegos

A Xunta anuncia unha campaña para mellorar a calidade medioambiental dos soutos de castiñeiros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/03/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural quere poñer en marcha unha campaña para salvar os soutos de castiñeiros de país e mellorar a súa calidade ambiental, especialmente, logo de detectar importantes brotes de dúas pragas; o chancro e a avespa do castiñeiro.

Souto de castiñeiros
Souto de castiñeiros | Fonte: galiciaunica.es

De feito, a Xunta leva tratado 90.000 castiñeiros desde 2011 para erradicar o chancro, e agarda tratar a outros 27.000 este ano para erradicar esta peste. As persoas interesadas só teñen que acudir a web de Medio Rural e solicitar información.

Con respecto á avespa do castiñeiro, os soutos galegos beneficiaranse por terceiro ano consecutivo da actuación "pioneira" que consiste en liberar parásitos deste insecto para facerlle fronte e conseguir a súa erradicación.

Todas estas medidas fitosanitarias están incluídas nun informe avaliado polo Consello da Xunta, no que se recolle un investimento de 680.000 euros neste ano para levar a cabo tales actuacións.

Tags: #Castiñeiro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta