Temas: SERGAS

Até cando vai haber camas con doentes nos corredores dos hospitais?

Nova denuncia na Fiscalía contra o SERGAS pola constante presencia de camas nas corredoiras de Urxencias. En Santiago morreu unha muller este ano nunha desas camas. Os traballadores alertan, ademais, que supoñen un risco para a seguridade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/03/2017 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña anunciou esta mañá a presentación de denuncias contra as xerencias dos hospitais públicos de Santiago (CHUS) e Coruña (CHUAC). A plataforma denunciará na xustiza a constante presencia de camas nas corredoiras dos centros de saúde.

Doentes ingresados no SERGAS, aparcados en corredores
Doentes ingresados no SERGAS, aparcados en corredores | Fonte: CIG

En opinión da Coordinadora, a existencia continúa de camas nas zonas de paso viola a lei de prevención de riscos laborais. Por iso a denuncia centrarase en primeiro lugar en probar un posible delito contra os dereitos dos traballadores.

Miguel Rodríguez, voceiro do colectivo, alertou esta mañá que situacións deste tipo son habituais, con ducias de doentes e os seus familiares acompañantes atoados nos pasillos de Urxencias ante a inexistencia de habitacións dispoñíbeis. O representante dos traballadores asegura que as camas e os seus familiares supoñen unha barreira física que pode provocar problemas no caso de ser necesario unha evacuación.

No caso do CHUS, de Santiago, o sindcato CESM-O MEGA tamén alertou esta ano que Inspección de Traballo xa apercibiu tres veces á xerencia do hospital. A Xerencia, que dende este mes ocupa a irmá do presidente Eloína Núñez, non solventou aínda este problema. 

De feito, en febreiro este sindicato médico denunciou a xerencia polo falecemento, precisamente, dunha muller no corredor de urxencias do Hosptial Clínico, doente que esperaba nunha cama canda outros 12 pacientes para ser atendido. Foi despois desta denuncia na Fiscalía que se produciu o relevo na xerencia do CHUS.

Os traballadores levan denunciando o uso das corredoiras como “almacén de pacientes” durante anos. Dende a Xunta sempre sinalaron que estes problemas son puntuais, sobre todo durante os picos da gripe. 

Temas: SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Jiujiu

Seguro que ninguno de esos es pariente de los trabajadores de la Sanidad Pública.

1 OHH

Cada vez escóitanse máis insinuacións coma a túa e sería de interese que alguén as aclarase e as desmentise. En xeral, sería necesaria moita máis transparencia e a creación de canles máis eficaces de reclamación. Poderíanse artellar un servizo de inspección alleo, por suposto, aos hospitais que estudase ao chou a actividade dun hospital nos últimos quince días e dese a coñecer as súas conclusións para que os pacientes, e son moitos os que amosan esa desconfianza ou prexuízo, quedasen máis tranquilos. Non sería moi custoso determinar se se cumpriron estritamente os criterios de preferencia e por que se adían unhas intervencións e non outras ou por que a algúns familiares se lles permite participar en certas consultas ao lado do doente e a outros non?

2 OHH

A claridade e a transparencia sempre deben ser a honra dos traballadores públicos e é deber dos políticos crear canles para que esta se dea e non haxa que ler insinuacións deste estilo. E un tema interesante tanto para os xornalistas coma para os políticos.

5 Don Pimpón

Agora xa chega o verán e como todo o mundo sabe reducense os servizos porque a xente en verán non enferma. Todo "solucionado"!

4 galegoexiliado

De seguro que ningún dos ingresados nos pasillos é votante, e moito menos miltante do PP, pois o Sr Nuñez non o permitiría, pis si algo ten o Sr Nuñez e un inmenso amor a Galicia e aos galegos. Todo é unha campaña xudeo masónica e social podemita pa desprestixiar a mellor xestión hospitalaria da galáxia Feijoniana. Aguanta Alberto, se fuerte.

3 Dr Bacterio

Ata que saiamos á rúa a defender á Sanidade Pública

1 Kollontai luguesa

E por que non o facemos conxuntamente todos os progresistas galegos? Falades das camas porque son visibles pero hai outros hospitais e centros de saúde nos que os recortes tamén os sufrimos os pacientes. Sei que agora virán os trolls ou o que sexan (sectores minifundistas das Mareas desexosos de manter os seus postiños) pero temos que loitar unidos en contra dos recortes, da precarización e da fenda entre os que máis teñen e nós. Basta xa de recortes. Por unha irmandade a favor da sanidade pública galega. E tempo xa da unión aínda que só sexa para defender o fundamental! Diríxome ás xentes das Mareas, do BNG e tamén a moitos militantes e simpatizantes do PSdG: defendamos a pública e empecemos denunciando todos e cada un dos recortes. Sexamos a voz dos que non teñen forzas ou valor para denuncialos. Unidos, venceremos nós! Pola nosa sanidade pública! E os medios, por favor, dádelle voz aos que sofren os recortes.

2 Legionela

Esto arreglao Feijoo cunha subvenciòn máis a La Voz de Malicia, para que fale das excelencias do sistema sanitario. Nada novo baixo o sol.

1 Kollontai luguesa

Non te deixes levar polo derrotismo. Loita, dálle voz aos que sofren en silencio os recortes e defende a Irmandade pola Sanidade. Xuntos, todos, podemos!

2 Medulianos

Non existe en Europa occidental poboación máis cobarde e deficiente mentalmente ca galega. Xa nola poden meter dobrada unha e mil veces que vams a seguir elixindo os mesmos sen dar un chío. Só hai un feito que me tranquiliza gratamente, estanse cumprindo as leis da evolución de Darwin, aquelas especies neste caso conxunto de individous que non se adaptan ao seu medio, o respetan, o coidan e incluso o defenden de inumerables ataques, son incapaces de perpetuar os seus xens e están condenados a desaparecer. Como nos mostran os datos do INE, isto é precisamente o que lle esta a pasando a Galicia. Non é derrotismo, deixemos que a natureza siga o seu curso...