Rosalía de Castro como nunca antes a viras

Urbana, de ideas revolucionarias, libre e independente. Unha nova biografía, que pretende ser a definitiva, constrúe unha imaxe moi diferente da maior figura feminina da literatura galega.

Por GC Tendencias | Vigo | 10/03/2017 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

Editorial Galaxia presenta a que considera a “biografía definitiva” de Rosalía de Castro. Obra da profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama, está composta por dous volumes. O primeiro acaba de chegar as librarías.

Rosalía de Castro
Rosalía de Castro

Galaxia destaca que esta biografía retrata unha escritora libre e independente en base a material inédito.  Como novidade, Galaxia salienta que se aclara definitivamente a cuestión da paternidade de Rosalía. 

“Lonxe dos tópicos”, o libro tamén deita nova luz sobre a súa relación con Murguía, desmontando a teoría de que foi o historiador quen introduciu a Rosalía, unha moza de “ideas revolucionarias”, de orixe urbano e acomodado, a escribir en galego.

María Xesús Lama López, nada na Lugo en 1964, é unha das maiores expertas en Rosalía do mundo. Editou varias obras da poeta galega. Docente na Univesitat de Barcelona, investigou sobre todo sobre a interrelación entre o proceso de construción nacional e a literatura en Galicia.

O primeiro volume abrangue dende o seu nacemento ata 1863, ano da publicación de Cantares gallegos, obra clave do Rexurdimento galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta