A Xunta paga o 10% da nova rotativa de La Voz

Economía fala dunha subvención de máis de 2 millóns a Galicia Editorial S.A, sociedade que en realidade é parte do Grupo Voz.

Por Walter Burns | Sabón | 07/01/2010 | Actualizada ás 00:25

Comparte esta noticia

Na véspera da noite dos Reis Magos, unha sorprendente nota de prensa da Xunta anunciaba unha axuda de 2,2 millóns de euros a Galicia Editorial S.A. (GAESA). Malia que na información do Goberno non se explica, GAESA é en realidade parte do Grupo Voz.

None

E é que  La Voz de Galicia S.A. controla o 98% das accións de GAESA, segundo datos do Rexistro Mercantil consultados por Galicia Confidencial. A verdadeira identidade do receptor da axuda desvelouna un lector do blog Feijoomente, crítico co Goberno conservador.

O IGAPE entregará ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo Economía, son o investimento subvencionábel.

Cando o diario anunciara a compra da rotativa “máis avanzada de España” falara dun investimento de 25 millóns de euros polo modelo Colorman 9 do fabricante Manroland.

Por que seguen a editarse tantos dogas en papel?

GAESA é a sociedade que utilizou o Grupo Voz a comezos dos noventa para cobrar por imprimir o Diario Oficial de Galicia. A Xunta é unha das poucas autonomías que mantén unha gran edición do seu boletín oficial en papel, que agora imprime La Voz de Galicia S.A.

O bipartito tamén subvencionou a modernización doutros xornais

A concesión desta gran axuda ao diario coruñés causará malestar no resto da prensa do país. Porén, hai que ter en conta que non é a primeira vez que a Xunta subvenciona a renovación tecnolóxica dalgún xornal.

Por exemplo, durante o bipartito a Consellería de Industria (BNG) concedeu unha a El Progreso e a Editorial Compostela (El Correo Gallego, etc.) axudas para a súa modernización. Iso si, a cantidade, non máis de 12.000 euros, non é comparábel co que agora vai recibir La Voz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

11 lfc

Eu traballei na voz de malicia e agora son funcionario da xunta -aprobei por oposición- e a verdade paréceme unha vergoña cando o tal santi rey aparece no seu diario con idioteces de editoriales como o apestoso "yo protesto", qué vergoña, qué cara...cando é o primeiro en non dar exemplo de nada...explotación laboral, fala de bilingüismo cando o seu periódico non ten nin unha folla en Galego, só algunha entrevista e algún columnista...e o do doga é patético...cando dende todos os ordenadores calquer traballador da xunta ten acceso, creo que só en baleares tamén se imprime en papel. Pero por moito que berremos para moita xente, sobre todo de mediana idade pa arriba, segue sendo "el periódico", tardará tempo en chegar a pluralidade a Galicia e o de custionarse "as verdades coma un templo" que publica la voz de malicia. Ata logo!

10 Eixil

Eu tamén parei de mercalo fai tempo, pero non de subencionalo pois o "meu" presidente está a utilizar unhos cartos tan meus como vosos en amañarlle o conto a estes paxaros de altos voos. Vaia tropa de farsantes, mentireiros, manipuladores e ao fin como era ben sabido todo o fan pola pasta e o poder!, mais cando falan ou "Protestan" fan de que van de dignos.

9 Algalia

Eu xa non teño claro se a Coz publica o Diario Oficial de Galiza (DOG) ou, pola contra, o DOG é a Coz; en calquera caso, eu xa hai tempo que deixei de mercar ese xornal, que o Feixóo lle pague, cos nosos cartos, os seus favores non podo impedilo, mais eu non sigo colabarando voluntariamente no mantemento do boletín oficial (non de Galiza) senón do PP.

8 AUSTERIDÁ

Eso Feij009, aforrando o diñeiro dos galegos, en vez de darlle a subvención de 5 millóns que quería, dalle só 2´2 millóns de euros. Cantos audis se mercan con esa pasta? Bueno, tampouco son tan necesarios porque cos trinta e pico que mercóu Fraga xa teñen para unha tempada

7 Peter

Dinme que La Voz faríase coa impresión doutros xornais (ABC) e revistas coa nova rotativa. En La Región están temendo que van quedar a dúas velas cando La Voz lles leve o que imprimen hoxe nas súas totativas. É isto certo? Feijóo estaría pagando ademais unha especie de OPA de rotativas?