A Xunta paga o 10% da nova rotativa de La Voz

Economía fala dunha subvención de máis de 2 millóns a Galicia Editorial S.A, sociedade que en realidade é parte do Grupo Voz.

Por Walter Burns | Sabón | 07/01/2010 | Actualizada ás 00:25

Comparte esta noticia

Na véspera da noite dos Reis Magos, unha sorprendente nota de prensa da Xunta anunciaba unha axuda de 2,2 millóns de euros a Galicia Editorial S.A. (GAESA). Malia que na información do Goberno non se explica, GAESA é en realidade parte do Grupo Voz.

None

E é que  La Voz de Galicia S.A. controla o 98% das accións de GAESA, segundo datos do Rexistro Mercantil consultados por Galicia Confidencial. A verdadeira identidade do receptor da axuda desvelouna un lector do blog Feijoomente, crítico co Goberno conservador.

O IGAPE entregará ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo Economía, son o investimento subvencionábel.

Cando o diario anunciara a compra da rotativa “máis avanzada de España” falara dun investimento de 25 millóns de euros polo modelo Colorman 9 do fabricante Manroland.

Por que seguen a editarse tantos dogas en papel?

GAESA é a sociedade que utilizou o Grupo Voz a comezos dos noventa para cobrar por imprimir o Diario Oficial de Galicia. A Xunta é unha das poucas autonomías que mantén unha gran edición do seu boletín oficial en papel, que agora imprime La Voz de Galicia S.A.

O bipartito tamén subvencionou a modernización doutros xornais

A concesión desta gran axuda ao diario coruñés causará malestar no resto da prensa do país. Porén, hai que ter en conta que non é a primeira vez que a Xunta subvenciona a renovación tecnolóxica dalgún xornal.

Por exemplo, durante o bipartito a Consellería de Industria (BNG) concedeu unha a El Progreso e a Editorial Compostela (El Correo Gallego, etc.) axudas para a súa modernización. Iso si, a cantidade, non máis de 12.000 euros, non é comparábel co que agora vai recibir La Voz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 galleguiño

É todo tan claro e tan simple como a auga clara. 2+2=4. Pero a selección galega non xogou porque non había cartos?, pero non había axudas á traducción porque non había cartos?... Porqué hai cartos para unha rotativa dun xornal, nada menos que o 10% a fondo perdido. Iso supoñendo que costase 2000 millóns a rotativa, sería o primeiro caso de solicitar unha axudiña sen inflar o global da inversión. En fin, en 9 meses 2,2 millóns e 1 millón en abril, xa van 3.2 millóns. E isto é polo momento, que con 55000 exemplares en quiosco haberá que pagar a tirada de 105000 diaria. A única solución a isto é que se deixen de enganar á xente e que fusionen o DOGA con La Voz de Galicia. Así tamén deixamos de enganar á xente que pensa que le un medio libre e non manipulador.

5 Pardo de Cela

Austeridade?. Non, seguen a imprimir o DOGA en papel, como pago os favores prestados, pero ollo, o psoe é complice xa que houbo tempo de suprimilo cando o bipartito, pero o conselleiro responsable era Méndez Romeu. Discriminatorio: ó grupo El Correo Gallego denegáronlle esa mesma axuda. Pagan os favores co diñeiro de todos.

4 traballador

Amigo, hai que devolver os favores! Para está o IGAPE, logo? Que llelo digan, senón, aos homes de palla dos concelleiros do PP e líderes das cinco cooperativiñas de La Arzuana e compañía, e ao testaferro de Ruíz Mateos, xerente de Alimentos Lácteos S.A. (150 mil litros diarios), que recibiron o visto bo do IGAPE en lugar de llo dar ao grupo de Feiraco (Melisanto, ICOS, AGRIS, Irmandiños, que aglutinaba media Galicia: medio millón de litros) para se facer co control da planta de Pacual en Outeiro de Rei, que envasa 500 mil litros ao día. E iso a favor do informe a favor dunha consultora externa de carácter internacional.

3 Peter

Xa están pasando o cazo uns e outros. As entrevistas de Feijóo ou Anxo Lorenzo para facernos tragar o seu infumable decreto das linguas son un exemplo da "camaradería solidaria" de Santiago Rey e o goberno da Xunta.

2 Indignado

Deberia dimitir Feijoo e convocar eleccións, todos sabemos como foi a campaña das autonomicas, e as mentiras que se dixeron. Feijoo non é un presidente lexitimo, e menos tendo 5000 votos menos que o bipartito, que esto ben que o calan.