A muller, protagonista en Lugo

Este domingo tivo lugar a XIV Marcha pola Igualdade. A cidade da Muralla organiza diversas actividades entre as que destaca un concerto, unha carreira solidaria e programas didácticos nos espazos lúdicos do concello.

Por Galicia Confidencial | | 13/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As mulleres están sendo as protagonistas en Lugo durante estas semanas. Alí tivo lugar a XIV Marcha pola Igualdade, enmarcada nos actos que organiza o concello para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. A Marcha comezou na Praza Maior, diante do Consistorio, e continuou dando unha volta pola Muralla. Na andaina tomaron parte ducias de veciños e veciñas de Lugo e estivo encabezada pola alcaldesa, a socialista Lara Méndez.

Dentro das actividades para conmemorar o Día da Mulleres tivo tamén lugar o concerto A muller na música. Ademais, o cncello tamén ten preparada unha proba deportiva, dentro do Circuíto Larsa Corre con Nós, que se converterá no Corre con Elas o 9 de abril, ás 12:00 horas, polo paseo de Ombreiro.

Lara Méndez participa na XIV Marcha pola Igualdade en Lugo
Lara Méndez participa na XIV Marcha pola Igualdade en Lugo | Fonte: Concello de Lugo

Tamén, durante o mes de marzo, nas ociotecas municipais do programa Aprende Xogando, levarase a cabo un programa de fomento de igualdade, así como actividades en prol da igualdade e en contra da violencia de xénero na Biblioteca Municipal, institutos ou eventos deportivos e culturais, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta