Temas: SERGAS CRISE CUT

“A Administración está repleta de subcontratas de amigos”

Varios colectivos e sindicatos independentes súmanse a unha marcha reivindicativa en defensa dos traballadores públicos precarios. A manifestación, presentada este mediodía en Santiago, terá lugar este xoves a partir das 10 da mañá, fronte ao Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/03/2017 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

Polo de agora, ningún dos tres grandes sindicatos do país sumouse. Ao contrario, a mobilización está protagonizada por pequenas centrais e asociacións independentes, moitas de índole profesional. Denuncian que máis da metade do cadro persoal da administración no país é temporal.

Faixa protestando pola falta de enfermeiras en xinecoloxía no hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro
Faixa protestando pola falta de enfermeiras en xinecoloxía no hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro | Fonte: remitida

Entre os que apoian están colectivos de bliblotecarios, bombeiros, o sindicato de ensino STEG, a Central Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato de Sanitarios Galegos Públicos (SAGAP),  Agrupación de Profesionales de la Salud de Galicia (PROSAGAL) e a Marea Laranxa contra os recortes.  A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública – A Coruña (na que participan sindicatos como a CGT e a CUT, membros do 15M, asociacións veciñais e colectivos como o Movemento Galego pola Saúde Mental e o Foro Galego da Inmagración) é un dos grupos que está a levar o peso da convocatoria.

Os convocantes alertan da gran precariedade que sofren moitos empregados públicos, moi lonxe dos dereitos dos que gozan os funcionarios. Traballan en moitos caso baixo “contratos de 3 meses ao ano, contratos temporais encadeados durante máis de 20 anos, contratos lixo de días e ata horas e xestións do persoal arbitrarias”.

O certo é que, por exemplo, é frecuente entre as enfermeiras sen praza que os SERGAS os chame reiterádamente para facer unhas poucas horas , moitas veces moi lonxe dos seus fogares. As chamadas soen realizarse con moi pouco tempo para responder, ás veces cun día de marxe, e de non aceptar poden perder o seu lugar nas listas de contratación.

“A precariedade laboral tradúcese en precariedade asistencial”, esgrimen dende o manifesto da Marcha para reclamara a solidariedade do conxundo da cidadanía. Ademais, na súa opinión, a aposta de moitas administracións pola privatización de servizos agocha unha estratexia caciquil. “ A Administración está chea de contratos e subcontratos cos amigos, irmás e os primos de...”.

Cartel da Marcha Do Persoal Precario Das Administracións Públicas
Cartel da Marcha Do Persoal Precario Das Administracións Públicas

CHAMAN AOS USUARIOS A "UNIRSE"

 

Na rolda de prensa deste mediodía, a portavoz de Sagap, Eli Dosil, destacou a importancia de que os traballadores dos distintos sectores da administración autonómica únanse para "visibilizar" que a "precariedade" afecta a todos os ámbitos.

Por iso, sinalou que, aínda que estaban "adoitados" a que cada sector "fixese as reivindicacións" de forma individual, "chega o momento de darse conta de que os traballadores públicos non somos pezas separadas". "O noso empregador é o mesmo e só xuntos poderemos chegar a conseguir algo", engadiu.

 

Neste sentido, tamén chamou a atención sobre a necesidade de que os usuarios dos servizos públicos sómense a esta marcha ao considerar que esta "precariedade laboral" incide directamente na calidade da prestación.

 

De cara ao futuro, demandan unhas Ofertas de Emprego Público (OPE) que garantan que poden concorrer as súas prazas “sen que a Administración as aparque ao seu antollo”.

Presentación da protesta que terá lugar o 16 de marzo en Santiago
Presentación da protesta que terá lugar o 16 de marzo en Santiago
Temas: SERGAS CRISE CUT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Multicontratado

Os sindicatos apoltronados da Sanidade Pública con liberados PERPETUOS, superados polas iniciativas dos traballadores e traballadoras en precario, que se mobilizan á marxe deles e que NON CONFÍAN nos apoltronados e burócratas sindicais

1 Cidananía SL

E non pasan por diante do concello de Santiago a falar das contratas a Cidadanía de Externalización de Servizos SL de mis amigos?