Galicia perdeu case 4.400 empregados públicos desde 2010

O país perdeu 4.372 empregados públicos autonómicos e sitúase como a sexta autonomía que máis persoal reduciu durante a crise, aínda que ocupa o quinto posto se se atende á porcentaxe de efectivos suprimidos (un 4,79%).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2017 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Galicia perdeu 4.372 empregados públicos e sitúase como a sexta que máis persoal reduciu durante a crise, aínda que ocupa o quinto posto se se atende á porcentaxe de efectivos suprimidos (un 4,79%). Así se recolle no último boletín estatístico de persoal ao servizo das administracións públicas, recollido por Adams Formación nun estudo que revela que o sector público perdeu en España un total de 103,9 empregos ao día entre xaneiro de 2010 e xullo de 2016.

Concentración de funcionarios en San Caetano.
Concentración de funcionarios en San Caetano.

En base a ese informe, Galicia está no sexto lugar entre as comunidades con menos empregados públicos por cada mil habitantes, cun total de 54,18 cando a media estatal está fixada en 53,99.

A peor cifra dáse na ponderación dos empregados da administración local (9,29 fronte a unha media de 11,77 por cada mil habitantes), en persoal da administración estatal (10,16 fronte a 11,06) e en prazas nas universidades (2,8 fronte a 3,28 de media).

Iso si, no que incumbe postos na administración autonómica, Galicia sitúase por enriva da media estatal (27,88 funcionarios por cada mil habitantes), con 31,94 traballadores públicos.

SANIDADE, EDUCACIÓN, XUSTIZA

En canto ao persoal das comunidades que presta os seus servizos na educación non universitaria e a sanidade, Galicia practicamente se atopa ao mesmo nivel que a media estatal, pois o 78,6 por cento dos seus empregados públicos traballan nestas áreas. A nivel estatal, a porcentaxe sitúase no 78,56 por cento.

Para a administración de Xustiza, Galicia é a terceira comunidade que menos efectivos consigna, cun 2,94 por cento. Por detrás só se sitúan Aragón (2,82%) e Navarra (2,21%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sabela

E os que aínda sobrarían!! O curioso é ver como a esquerda nacionalista defende o sistema franquista e tan ejpañol dos función pública. Que vaian a outros paises, aos escandinavos por exemplo, a ver como funciona o tema, aquí é lamentable a defensa da casta e dos privilexios desta xente.

3 Bisbardos

Seguen sobrando miles de políticos e burócratas inútiles. Total para o que fan a maior parte deles

2 Moito peor

O caso non é que non só Galiza se atopa pior respecto ao Estado español, senón o pésimo estado no que se atopa Galiza (e o propio Estado español) respecto aos paises da UE da contorna co seu mesmo PIB, ou sexa, que falta persoal público e faltan servizos públicos respecto a outros países da UE co mesmo potencial económica. Todo isto derivado da pésima redistribución da riqueza, a escasa presión fiscal sobre o capital e das privatizacións interesadas cara a rede clientelar e corrupta que provén xa da época do ditador Francisco Franco.

1 Anônimo

Ũa possível soluçom prá crise do galego: https://umnovoreintegracionismo.wor...