O Dépor suma máis débeda

O Tribunal Supremo revoga unha sentenza anterior da Audiencia Provincial e considera a débeda de 21,7 millóns con Facenda como ‘privilexiada’, polo que o Deportivo terá que abonala de xeito íntegro en seis anos, sen a quitación do 33%. O consello de administración deixa claro que o veredicto non afecta á liquidez do club.

Por gcdeportes | A Coruña | 15/03/2017 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

“Unha decisión moi negativa para os intereses do Real Club Deportivo”, “herdada dunha nefasta xestión económica anterior”, “que complica o escenario económico do Deportivo nas vindeiras tempadas”. No canto de 14 millóns, o Deportivo terá que pagar 21,7 millóns íntegros da súa débeda con Facenda.

Tino Fernández, presidente do Dépor dende xaneiro do 2014.
Tino Fernández, presidente do Dépor dende xaneiro do 2014. | Fonte: lfp.es

O Tribunal Supremo ven de notificar ao club coruñés unha sentenza (180/2017 do 13 de marzo do 2017), que revoga outra anterior da Audiencia Provincial que consideraba os 21,7 millóns como débeda subordinada e ordinaria, cunha quitación do 33%, e resolve que a devandita cantidade é “débeda privilexiada”, polo que o Deportivo terá que abonala nun prazo máximo de seis anos. O acordo singular firmado coa Axencia Tributaria en marzo do 2014 xa contemplaba o pago de 42,4 millóns de euros nun período de oito años, cifra que aumenta agora ata os 50.

“En una decisión muy negativa para los intereses del Real Club Deportivo, el Tribunal Supremo entiende los 21,7 millones de euros clasificados inicialmente como subordinados y ordinarios, son finalmente deuda privilegiada. Por ello, el Real Club Deportivo se verá obligado a abonarlos, sin quita del 33%, dentro de los plazos establecidos en el Convenio Singular firmado en marzo de 2014 con la AEAT”, informa o club nun comunicado.

Malia a decisión contraria do Tribunal Supremo, o RC Deportivo, que aproveita para criticar unha vez máis a xestión da anterior directiva presidida por Augusto César Lendoiro, envía unha mensaxe de tranquilidade á afección e deixa claro que a sentenza non afecta a liquidez do club. “Esta situación, heredada de una nefasta gestión económica anterior como se pone de manifiesto en el fallo de la propia sentencia, complica el escenario económico del Deportivo en las próximas temporadas, afectando directamente a la competitividad del equipo en LaLiga y del propio club dentro de la industria del fútbol. Pese al duro varapalo que supone esta sentencia, el consejo de administración y los profesionales de la entidad tienen preparado un plan de contingencia para poder afrontar y superar el reto que supone el nuevo escenario económico del modo más solvente posible, no suponiendo en ningún caso esta situación un problema de liquidez para el club”.

Asemade, o RC Deportivo lembra que dende a chegada do equipo presidido por Tino Fernández (xaneiro do 2014), o Deportivo cumple con todas as súas obrigas económicas. “El consejo de administración del Real Club Deportivo quiere trasladar a todos los accionistas, socios y simpatizantes del club un mensaje de tranquilidad y optimismo, basado en la demostración constante del escrupuloso cumplimiento de todas las obligaciones económicas, financieras y legales que los administradores de la sociedad están materializando desde su llegada. Como en otros momentos delicados, el Real Club Deportivo, con el apoyo de todos los que forman su gran masa social, superará esta situación con trabajo, honestidad, determinación y firmeza para, en el menor tiempo posible, solventar estos condicionantes económicos que actualmente impiden al Club competir en igualdad de condiciones en la mejor liga del mundo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta