Xavier Vence xa era "persoa inactiva" no BNG

Así o considera o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, que asegura que o BNG está "nunha fase de recuperación e moito máis estabilizado" e convida a "non mirar atrás".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2017 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e membro do BNG, César Mosquera, restou este xoves importancia á solicitude de baixa na formación nacionalista presentada polo exportavoz nacional do Bloque Xavier Vence. "Como organización o que nos preocupa é que o balance de altas e baixas sexa positivo", explicou.

Xavier Vence (dereita), ex portavoz do BNG, nunha manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), ex portavoz do BNG, nunha manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Ademais, referiuse Vence como "unha persoa que está inactiva" no BNG e considerou que "é unha pena que se marche". "A transcendencia política a estas alturas, non fai falte que eu a valore", abundou.

A preguntas dos medios, Mosquera lembrou que, do mesmo xeito que o resto de partidos, o Bloque Nacionalista Galego "é de afiliación voluntaria". ademais, indicou que, nestes momentos, o cómputo de afiliados esta sendo "extraordinariamente positivo". "Non é noticia que en Pontevedra entren 40 rapaces cando fai tres anos non tiñamos case ningún", apuntou como exemplo.

Ademais, referiuse a Xavier Vence como "unha persoa que está inactiva" no BNG e considerou que "é unha pena que se marche". "A transcendencia política a estas alturas, non fai falte que eu a valore", abundou.

A saída de distintos líderes do Bloque nos último anos leva a César Mosquera a reflexionar. "Igual fomos un pouquiño lixeiros", dixo, para tachalo de "un erro colectivo". "Obviamente, se puidésemos volver atrás sería outra historia", matizou. "A saber onde estariamos", preguntouse.

Respecto de Xavier Vence, o vicepresidente pontevedrés cre que "non hai tema", xa que "son historias pasadas". "Como organización política pasamos as de Caín", admitiu, pero "o BNG pasou páxina", agregou.

ESTABILIZADO

Así mesmo, Mosquera lembrou que el no seu momento xa advertira que "con certas liñas e certas persoas" íanse "ao barranco directamente". Así, apuntou a que todo foi "unha responsabilidade colectiva". "Enganámonos, rectificamos e punto", sentenciou.

Cesar Mosquera asegura que agora a formación nacionalista está "nunha fase de recuperación e moito máis estabilizado" e convidou a "non mirar atrás", xa que neste momento o BNG está "nunha situación envexable", mentres que "outros están a pelexar e aínda non pasaron esa fase".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

12 Avoir

Quérese dar por morto por conveniencia a un Bloque que en seis meses tivo máis de 800 altas de militantes na súa maioría xóvenes, activos, traballadores e comprometidos, isto nunca é noticia e iso que o BNG controla La Coz de Galicia según algún iluminado, Vence é un político que ten cabida dentro do Bloque pero non é quen de mudar a opinión da gran maioría dos militantes que son quenes mandan no partido e non queren venderse a Podemos como quedou demostrado (máis do 80% son militantes independentes por moito que se diga da UPG que segue a ser a corrente máis influente debido ó peso e o activismo dos seus) A postura de Vence é tan válida como calquera e está clara sempre podr volver a traballar para o nacionalismo galego dende dentro do BNG.

11 LKI

Como se pode ver, a estrutura mental BeNeGalla é moi simples: Estás dentro -> és galego de "verdá", estás fóra -> non és de fiar. Quedas dentro -> "patriota", marchas -> "traidor". Hai chimpancés capaces de facer relacións máis complexas.

1 LKK

E onde se pode ver iso, quen cho dixo, efepegallo? Os mesmos que din que tan galego é un galego como un profesor madrileño da complutense?

10 Abelardo X del Caño Varela

Vaise un home bó! e discrepo programáticamente con él cento por cento.....Non sei o seu vindeiro derroteo político pero ningúen poderá decir nunca que no BNG non foi honrado, conciliador, pro-activo como o que mais e integrador.......Persoalmente, como o coñocín podo decir que sínto realmente a sua marcha, cousa que non podo decir de outros, aos que agradecín profundamente que foran a dar a murga a onde millor lles conviñese! agora sí podo decir co nacionalismo galego non está completamente dentro do BNG! Sorte Amigo!!!

9 Gamela

O "aparato" segue sen resolver as vellas preguntas e seguirá cara adiante ate a disolución definitiva cando finen os seus vellos cadros e fagamos o enterro en Boisaca ? http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Kollontai luguesa

Non sei, é coma preguntar se seguirán adiante as Mareas despois de que Beiras non estea... Ai, esas si, mentres teñan o apoio de Madrí. Mira, comentarios mesquiños todos podemos facelos, loitar para crear entre todos unha alternativa semella que a algúns vos doe moito. Por que? Nunca en Galicia houbo tres candidatos tan bos nos partidos progresistas, aínda que confeso que non me encantan, si comprendo a súa capacidade de servizo e a coherencia cos valores progresistas. Non son líderes, afortunnnnnnnnnnnnnnaaaadisimamente, porque de liderosos endeusados e adorados pola militancia xa estamos fartos. Non poñas paus nas rodas. Loita con nós polo cambio e en contra dos recortes. Se tes algunha teima persoal, busca axuda. E o meu consello

2 Kollontai luguesa

Agardo que a xente de esquerdas responsable se percate do dano que determinadas actitudes amosadas nestas discusións fan ao proxecto de cambio e non apoien a quen as ampara e impide a necesaria alternancia no poder da nosa Jacobusland. Sentidiño e o que vos fai falla a todos e aos trolls... Aos trolls dígolles que vaian mellorando, porque son ben patéticos e simplistas os seus argumentos. E o dito, as obsesións son incómodas, hai remedios útiles.

3 Gamela

Por que a UPG consentiu a EXTORSIÓN da Voz de Galicia para logo aliarse con ela contra En Marea vía BNG de Ana Pontón? // Como logo da demisión de Quintana a UPG de Paco Rodríguez impuxo un longo SILENCIO? // Parécenche "preguntas simplistas" pois eu levo varios anos sen aclararme, se podes respondela tí ao mellor nos ILUMINAS a todos: ¿será que este BNG leva unha boa temporada PAGANDO PEAXES ao CAPITAL? ¿Será que canto máis fala de INDEPENDENCIA e AUTODETERMINACIÓN o que quere dicir é que ogallá tivesen acceso ao 3% de Pujol & Cía? Eu agardo que sexa outra a túa resposta, pero xa que me tachas de TROLL imos falar logo EN SERIO !!! Os consellos mellor que llos deas a Paco Rodríguez e a Bautista Álvarez da miña parte... Saúde. Agardo Resposta ?

8 Fillares

A pregunta é: hai algún que ocupe postos no bloque, que non sexa da UPG, e que non acabe mal, sendo tratado como un traidor, vendido, etc,etc,etc?

1 Kollontai luguesa

E unha pregunta capciosa e sen fundamento. Eu podería preguntar: hai algún ex-líder do bloque que se poda ir procurando facer o menor dano posible a súa antiga formación? Porque se imos ao caso, o que máis o procurou é Quintana. Polo cambio e a gran Irmandade Progresista, non aos trolls e minifundistas que adoecen de infantilismo esquerdista. Se es de esquerdas, non apoies a xente que usa estes argumentos. Pódese facer política sen insultar aos adversarios. Mirade de loitar en contra dos recortes e non de atacar un día si e outro tamén ao bloque... Ou é que tedes algún trauma porque non vos admitiron nese club? Deixádevos de lerias e a traballar.