Os grandes lumes volven a Ourense

Durante esta semana varios grandes incendios afectaron a tres concellos ourensáns, un deles ao parque natural do Xurés.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2017 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

A primavera anticipada que está vivindo Galicia tamén está traendo os primeiros grandes lumes do ano, especialmente, á provincia de Ourense. Se a pasada semana era un incendio de máis de 100 hectáreas o que afectaba a Carballeda de Valdeorras, esta semana outros grandes lumes tamén afectaron a Piñor, Entrimo e O Irixo.

O incerdio no Xurés corta unha estrada
O incerdio no Xurés corta unha estrada | Fonte: Axentes MM CCOO

O último, o de Piñor (Ourense), quedou extinguido na madrugada deste venres tras queimar unhas 25 hectáreas. Tamén o xoves tivo lugar outro no Irixo que, segundo as estimacións provisionais, calcinou unhas 20 hectáreas de terreo.

O incendio máis grave da semana afectou, o pasado martes, ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés no municipio ourensán de Entrimo tras arrasar unhas 35 hectáreas. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio orixinouse en Portugal e afectou á parroquia de Pereira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Oscar

Un gran incendio forestal (GIF) é unha denominación dun lume que supera as 500H.

1 Foto

A foto non corresponde a ningún incendio do Xures, e dentro incendio desde verán q afectou os concellos de Boboras e O Irixo