Rueda subliña que a Xunta "non tiña competencia" sobre o caso da muller con cancro a quen se lle negou a invalidez

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este venres que o Goberno galego "non tiña competencia" sobre o caso da muller con cancro a quen se lle negou a invalidez, María Isabel Carragal, quen faleceu este martes tras tres anos de loita.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2017 | Actualizada ás 14:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este venres que o Goberno galego "non tiña competencia" sobre o caso da muller con cancro a quen se lle negou a invalidez, María Isabel Carragal, quen faleceu este martes tras tres anos de loita.

En concreto, o vicepresidente do Goberno galego foi preguntado polas declaracións do avogado do Defensor del Paciente, Cipriano Castreje, quen denunciou esta situación.

A este respecto, Rueda limitouse a dicir que este caso está xudicializado. "Saben que cando pasa un ano xa non é competencia da Xunta", precisou, para logo engadir que respecta "todas as opinións", entre elas a do Defensor do Paciente.

A continuación, reivindicou o "altísimo nivel" da sanidade pública en Galicia e das súas prestacións, "con independencia de situacións concretas". "Ademais, respecto da invalidez, a Xunta de Galicia non tiña competencia", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta