A RAG segue sen candidatura e sen data para as eleccións á Presidencia

Henrique Monteagudo, actual secretario, ocupará o cargo de maneira provisional, tras a renuncia de Alonso Montero, e será o encargado de pór en marcha o proceso electoral que se saldará coa renovación da actual directiva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2017 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

O pleno da Real Academia Galega celebrado este venres saldouse finalmente sen unha data para a celebración da cita electoral na que se renovará a actual directiva e sen candidatura que aspire a presidir a entidade.

Henrique Monteagudo, Alonso Montero e Anxo Angueira
Henrique Monteagudo, Alonso Montero e Anxo Angueira | Fonte: RAG

Deste xeito, a reunión resolveuse máis como un encontro "de trámite", sen que supoña algún tipo de avance na reiterada convocatoria unitaria reclamada por varios dos académicos e a propia directiva ao longo das últimas semanas.

Seguindo o guión previsto, o ata agora presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, oficializou ante os membros do pleno o cesamento do seu mandato á fronte da institución. Henrique Monteagudo, actual secretario, ocupará o cargo de maneira provisional e será o encargado de pór en marcha o proceso electoral que se saldará coa renovación da actual directiva.

A pesar de que os estatutos establecen un período máximo de tres meses para a elección da nova Comisión Executiva da Academia, a vontade dos académicos é que se celebre canto antes, sobre todo ante a proximidade das Letras Galegas.

Aínda que a reunión concluíu sen data concreta, barállase finais de marzo ou despois de Semana Santa como posibles opcións para a celebración do Pleno Extraordinario de elección.

Alonso Montero na homenaxe polo quinto aniversario da morte de Isaac Díaz Pardo
Alonso Montero na homenaxe polo quinto aniversario da morte de Isaac Díaz Pardo | Fonte: @CarmedeMilmanda

SEN ASPIRANTES

Unha vez concluído o pleno, unhas dúas horas despois do seu inicio, os únicos académicos que realizaron declaracións foron o presidente saínte e o secretario Henrique Monteagudo. Alonso Montero lembrou o regulamento da institución relativo á convocatoria de eleccións, insistindo en que a intención da RAG é que a cita se celebre "canto antes".

Pola súa banda, Monteagudo engadiu que "non se presentaron candidatos" durante a reunión "porque non era o momento", aínda que si se chamou a unha "reflexión" para tentar alcanzar unha lista unitaria e de consenso.

O proceso, de momento, está "moi verde", aínda que si existe vontade de facer "unha candidatura con base ampla" para renovar a directiva da institución, como se reiterou as últimas semanas.

De feito, salvo esta representación da executiva actual, ningún dos académicos quixo realizar declaracións á súa entrada ou saída do plenario, o que evidencia a cautela coa que a RAG pretende impulsar este proceso de lista unitaria. A data para os comicios podería fixarse en función da evolución do proceso de "diálogo" entre os académicos para tentar lograr esa candidatura unitaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Kollontai viguesa

Menos mal que hai un que se vai por xubilación e non por ladrón, como o anterior, que repartia cartos sen sabelo o pleno e que colocaba familiares sen convocatoria pública, pasandp da casta anterior para dar paso a súa caspa familiar, colocando filla e xenro e promovendo a entrada da amante, mentras vetaba a da súa lexítima maltratada. Que asco de patriarcado.

5 Akademo

A RAG está envilecida como moi ben dixo Axeitos hai pouco, pero envileceuse cando os patricios deron paso aos famentos que a utilizaron para sacar pasta, facer postureo e colocar a familia: a filla e o xenro do presidente Ferrín, a filla do tesoureiro, etc. O feito de que se pelexen por entrar e mandar en tan rancia e inoperante da idea do que poden sacar: por exemplo, como denunciou tamén Axeitos, 120.000 euros para a académica Rosario Álvarez para facer unha gramática que nunca fixo e da que a institución non lle pide contas.

4 Kollontai luguesa

Desafortunadamente o que lle pase ou non a RAG é irrelevante para a maioría dos galegos, incluídos os defensores da lingua galaico-portuguesa. Alguén debería dar explicacións sobre o grao de inoperancia e inactividade suprema que alcanzou. E de paso que nos expliquen se se precisa ser membro das Mareas para entrar en tan selecto club... Nexus 6 quedaches traumatizado por ler en galego ou por ler en xeral? Tranquilo, ho, os falantes de galego non roemos, mira ata temos dous ollos e dúas mans coma ti. Ai, que halturaza alcanzan algúns. Vouche deixar un enlaciño sobre saberes "inútiles", pero pensa que é irónico (sabes o que é a ironía, se non busca a palabra no diccionario. Lembra que se escribe sen h tamén en castelán). http://www.xarxatic.com/el-9999-de-...

3 Nexus 6

Lo mejor que podía hacer es disolverse, desaparecer. La RAG y todo el tinglado de la Anormalización nos cuesta un ojo de la cara a los jallejos y sólo sirve para que cuatro vividores hagan diccionarios para centros públicos y otros cuantos "escritores" mediocres vendan libros de lectura obligatoria en los colegios e institutos, libros que piden los profes nazionatas de jallejo a mayor jloria de la língua propia do país,do pobo asoballado que bla, bla, bla

2 Eu mesmo

O de Muros a manter o choio. E logo falan de casta nas mareas!!!