Os críticos en Anova lamentan que a nova dirección non fora máis integradora

Tanto Davide Rodríguez como Alexandra Fernández descartan unha excisión, aínda que suliñan que a única lista presentada "non é de consenso".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2017 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O exalcalde de Manzaneda e parlamentario autonómico, Davide Rodríguez, e a deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández, que integran o sector crítico coa dirección actual de Anova, rexeitaron que exista un risco de escisión na formación nacionalista polas diferenzas internas, aínda que lamentaron que a única lista que concorre para a Coordinadora Nacional, a que lidera o viceportavoz parlamentairo de En Marea, Antón Sánchez, non fora máis integradora.

Davide Rodríguez abraza a Beiras no III Asemblea Nacional de Anova
Davide Rodríguez abraza a Beiras no III Asemblea Nacional de Anova | Fonte: Europa Press

En declaracións aos medios á súa chegada ao III Asemblea Nacional que Anova celebra en Pontevedra e da que sairá a nova dirección, Davide Rodríguez, incidiu en que non están na candidatura de consenso ao considerar que "non é representativa". "Non se fixeron consultas ás bases, non estamos de acordo con como se construíu e, por iso, decidimos non integrarnos nela", manifestou.

Pola súa banda, Alexandra Fernández recoñeceu que en Anova "existe un 80% de acordo sobre o marco ideolóxico da esquerda rupturista en clave nacionalista". "O que pasa é que hai un 20% de diferenzas que teñen que ver, sobre todo, con como entendemos a organización e a falta desta dirección saínte de desenvolver o proxecto propio de Anova", indicou.

Neste punto, explicou que se viron na "encrucillada" de se participar nesa lista que "non foi capaz de integrar a ese 20% imprescindible para ter unha Anova máis forte" polo que decidiron "apartarse ao carón" ao considerar que "entrar nunha confrontación ía supor debilitar Anova".

"Por lealdade entendemos que Anova é imprescindible e preferimos apartarnos ao carón aínda que cremos que esa interlocución monolítica non é todo o integradora que queriamos", manifestou.

Alexandra Fernández de En Marea no Congreso
Alexandra Fernández de En Marea no Congreso

Con todos, ambos representantes institucionais comprometéronse a traballar con "lealdade" ao proxecto desde os seus respectivos cargos nas institucións e desde as asembleas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Soberanía para Galiza

Anova está acabada. Con 111 militantes non se vai a ningún lado. O gracioso é cando algún militante destos di que o bloque é un partido en descomposición (con máis de 6000 militantes) . En fin. Esto víase vir.

1 comunista independentista

Para vós leva acabada dende que naceu. Pero aí está, para a vosa desgraza. Seguide ladrando.

2 Soberanía para Galiza

Pero tio, eres un crack. Se as asambleas de Nós-UP tiñan máis xente. Hahahaha. Eres un figura.

3 Galiza pola soberanía

ÚLTIMA HORA: Agresión de hooligans de Xeira a un fulano. Aí estades. Artes marciais mixtas.

4 Comunista de Botín

Ollo que os de Cheira que agrediron ao que dicía que era nacionalista tamén estaban entre os 111 http://www.eldiario.es/rastreador/A...

2 Corrector

"Fora"?????? Será "fose"... Ou "sexa".

1 Sesta do vello

O micropartido de cento e pouco militantes tirando polo alto xa ten criticos e oficialistas que raro se esta xente nunca montara follon nos partidos anteriores