Temas: BNG ANA PONTóN

Cales son as novas caras para dirixir o BNG

Ana Miranda, Olalla Rodil e Luís Bará, entre os 6 novos membros da única candidatura presentada ata agora para dirixir a formación. Os nacionalistas aumentan o número de membros da Executiva e manteñen a case todos os seus integrantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/03/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A UPG, a formación maioritaria e case única do BNG, volve a acaparar os postos da lista que se presentará na vindeira asemblea nacionalista. Unha asemblea que, a diferencia das anteriores, semella que será tranquila e sen ningún tipo de sobresalto, tras a saída de todos os sectores críticos, o último o seu último voceiro nacional, Xavier Vence.

Ana Miranda no Encontro Nacional do BNG con Xavier Vence
Ana Miranda no Encontro Nacional do BNG con Xavier Vence | Fonte: Bloque

Esta proposta de nova Executiva Nacional, que está encabezada pola portavoz nacional e parlamentaria Ana Pontón, só incluirá seis novos membros xa que a “gran renovación” ao Consello Nacional do BNG tivo lugar na anterior asemblea. 

Precisamente, entre as persoas que formarán parte da, ata agora, lista única que se presenta, está a que foi unha das principais valedoras de Vence,  a ex eurodeputada Ana Miranda, unha das dirixentes que no seu día asinou o coñecido como Manifesto de Vidán.

Tamén estarán nesa candidatura os parlamentarios autonómicos Olalla Rodil e Luís Bará, a deputada na Deputación de Pontevedra Eva Vilaverde e os militantes Xavier Campos e Susana Camba, cunha "importante traxectoria e activismo" no BNG. Estes seis militantes da organización frentista son o seis novos membros da única candidatura de nova Executiva Nacional que, por agora, se presentou.

Só dúas baixas

Esta nova dirección estará conformada por 19 integrantes, polo que aumenta a súa composición en catro membros --a Executiva Nacional saínte está integrada por 15 persoas--. Só dúas persoas non continuarán na única candidatura para a nova Executiva Nacional: Carlos Branco Ansoar e Raquel Suárez. En ambos os casos, foi por "vontade propia".

Presentación de Eu con Ana Pontón en Pontevedra
Presentación de Eu con Ana Pontón en Pontevedra

O Consello Nacional aprobou este sábado, con ningún voto en contra e seis abstencións, a mencionada proposta de nova dirección política que, previsiblemente, guiará ao Bloque durante o próximos tres anos.

Outras listas

Polo momento, non se presentou ningunha outra lista. O secretario de Comunicación do Bloque, Rubén Cela, precisou que, con tan só 15 persoas, xa se pode presentar unha lista alternativa. Preguntado este sábado a este respecto por se espera algunha outra proposta, limitouse a dicir que non o sabe, pero que, en calquera caso, "non sería ningún problema".

"Nos últimos procesos asemblearios do BNG sempre houbo diferentes candidaturas, e na última ocasión tamén", lembrou, para logo engadir unha vez que a presentación de novas candidaturas non suporía "ningún problema", pois o actual "clima interno" do BNG é "moi bo".

Manter o mesmo equipo

Precisamente, Rubén Cela, defendeu que se manteña a mesma xente no Consello Nacional. "Entendiamos que había un grupo que había que manter, que foi o que se escolleu hai 12 meses. Non tiña moito sentido modificar o groso, pero había perfís que era necesario reforzar", relatou Rubén Cela, quen puxo como exemplo o grupo parlamentario do BNG, coas incorporacións á Executiva Nacional de Olalla Rodil e Luís Bará. Con todo, a dirección só se aumentou en catro membros para non perder o "carácter de executiva".

Así as cousas, o Consello Nacional contará con 50 membros, situados nesta orde: Ana Pontón Mondelo, Xosé Luís Rivas 'Mini', Goretti Sanmartín, Eva Vilaverde, Rubén Cela Díaz, Noa Presas, Bieito Lobeira, Olalla Rodil, Carme da Silva, Néstor Rego Candamil, Ana Miranda Paz, Xosé Manuel Marcote, Obdulia Diniz 'Duli', Xavier Campos, Olaia Ledo, José Emílio Vicente, Montse Prado Cores, Luís Bará e Susana Camba --ata aquí sería a nova Executiva Nacional--.

Tamén forman parte do Consello Nacional Alberte Fernández, Cristina Andrade, Mario Outeiro, Ana Bringas, Avia Veira, Adolfo Muíños, Diego Santório, Guillerme Vázquez --exportavoz nacional--, Iván Rivas, Montse Porteiro, Xosé Manuel Carril, Miragres Lantes, Rubén Arroxo, Rosana Prieto, Rosana Pérez, Francisco García, Pura Ferreño, Diego Lourenzo, Leticia Santos, Daniel Gómez, Gonzalo Veiras, Xosé Carlos de la Fuente, Míriam Rodríguez, Xosé Manuel Rodríguez, Xoán Carlos Sar Oliveira 'Kuka', Ximena González, André Abal, Mercedes Giráldez, Xesús Vilasánchez, Carme Rei e Francisco Jorquera.

Ana Pontón, con Olaia Rodil, Noa Presas, Luis Bará e Xosé Luis 'Mini' Rivas
Ana Pontón, con Olaia Rodil, Noa Presas, Luis Bará e Xosé Luis 'Mini' Rivas | Fonte: Europa Press.
Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 Ernesto

Non é nada sinxelo o que facedes e fixéstedes. Pero ás veces penso que si o voso discurso é o da "resistencia" fronte aos medios de comunicación, fronte a sociedade galega, que todos sabemos, e que ninguén se leve ás maos á cabeza, profundamente atrasada e profundamente ignorante, sabemos que é unha carreira que non ten meta. Nin a terá en moito tempo. Xavier Vence e moitos máis sopesaron estas limitacións tan drásticas e chegaron á conclusión que non podemos vencer. Nin sequera chegar a unha porcentaxe de xente aceptábel. É imposíbel. Sabedes tan ben coma mín que máis do 70% están a monte. Parécevos mal que volo diga? Dame igual pero é a verdade.

1 Ernesto

E non porque voten a outras forzas políticas. Tanto me ten a quen voten. Están a monte. Voten a quén voten. Lembro un documentario que fixo un canle dunha televisión espanhola de Alhariz e os vecinhos daban mágoa o que contestaban. E iso que ten maioría absoluta o BNG. Que si Alhariz non era Marbelha. Que era un povo pequeno..todo así. Uns pailáns en todo o senso da palabra. Un pailán é un pailán vote a quen vote. E si vota ao BNG ou á marea aínda é máis pailán. Porque se lhe supón que ten máis entendeiras. Pero polo que se ve no documentario, non é así.

6 Victor H

kollontai=liberado upegallo de 3.000 ao mes.

1 Kollontai luguesa

Xa me gustaria. En realidade son unha reptiliana con gorriño de papel de aluminio na cabeza, cornos e rabo. Mira non estou en horas de atencion a trolls aneuronados porque estou na gorida conspirando co resto de reptilianos. Vai comer unha natiña con canela a ver se es mais feliz e se che ocorre algo de interese. Eu tamen te quero caro.Por certo a nivel de soldos creo que lle vai mellor a outra Kollontai galaica.Cando medres comentamolo.

2 Victor H

Está ben que recoñezas a túa condición e tamén o dos cornos debe ser verdade. Pero penso que quedei curto na miña primeira estimación do soldo. Un liberado upegallo da chea non está de garda o domingo. Está de paparota, licor café e siesta.

3 Kollontai luguesa

Aqui o unico que recoñeces a tua condicion de troliño de cuarta carente de argumentos es ti. Vives nun mundo tan gris e limitado que ti mesmo te descualificas. Nunca formaria parte dun club no que me quixeran admitir. E avisote polo momento atopacheste coa comentarista boiña a que lle das tanta peniña que nin se molesta en rebater os teus insultos. Claro que ao mellor a ti apeteceche a miña outrs faceta. Andate con ollo porque eu son como Mae West:cando son boa son boa e cando son mala son moito mellor. Que durmas ben caro e educado o que veñas sendo porque ti tamen debes facer gardas....

4 Victor H

Está claro. Ti es Pontona poltronas. Xa se entende todo.

5 Kollontai luguesa

O que ti queiras caro talibansiño. Ou quen sabe ao mellor ata non es quen aparentas ser e resultas encantador. Sexa quen sexa teño a gala ser tolerante ata cos fanfarronciños perdonavidas que andan a dar leccions aoa demais. E que semella que non poden tolerar nin unha soa critica.Non te avinagres tanto e carpe diem caro. Por certo iache recomendar a lectura dunha obra de Plauto que lle acae ao teu personaxe sexa este real ou ficticio

6 Kollontai luguesa

Coma muller sei moi ben que os perdoavidas sempre esconden algunha frustracion. Ti polo de pronto xa te retratas no teu comentario. A ver se algunha desas feministas das mareas che di coma que te retratas. E con sorte a ver se os votantes se dan conta de quen sodes alguns de vos. Non che vou contestar mais asi que dedicalle os teus insultos machistas a outras que chos aturen.

5 carasduras

Que caras novas? Luis Bará? Ten cara en Pontevedra de concelleiro e ten cara no parlamento de deputado. Agora terá cara na exucutiva e, antes, tivo cara para ser o gran defensor da continuidade da Cidade da Cultura de Fraga. Moita cara, non si?

4 Marcelino del Val

Estos están pirados, pero por lo menos no andan a hostias y son muchos más que los de Beiras. Galicia es tremenda, dá cada especimen!!

3 Francisco Carlos

De Ferrolterra hai unha representación ABSOLUTAMENTE MÍNIMA