Galicia, rexión estancada en Europa

Galicia mellora en educación e eficiencia do mercado laboral pero baixa en infraestruturas e en modelo de negocio. Sitúase no posto 181 das 263 rexións europeas. Avanza unha posición con respecto a 2013.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia segue sen avanzar entre as rexións europeas. Segundo recolle o Índice de Competitividade 2016 das rexións da Eurozona, o país avanza só en moi poucos campos e só pode presumir de situarse un pouquiño mellor que o noso veciño, Portugal. De feito, só logrou escalar un posto desde o último informe, realizado no ano 2013. 

Índice de Desenvolvemento das rexións europeas
Índice de Desenvolvemento das rexións europeas

Así, o índice elaborado pola Unión Europea, sitúa a Galicia no posto número 181 entre as 263 rexións que compoñen a UE. Respecto ao PIB per cápita, a comunidade galega sitúase no posto 167. O documento está deseñado para axudar ás rexións a identificar os seus puntos fortes, as súas carencias e as súas prioridades de investimento á hora de elaborar as súas estratexias de desenvolvemento, informan nun comunicado.

Galicia está no posto 200 de 263 na UE en infraestruturas. Respecto da eficiencia, a comunidade está situada de 191. A súa mellor fortaleza é a educación, que sobe ao posto 176, pero vese lastrada pola competitividade do mercado laboral, no posto 176.

En termos de innovación, Galicia sitúase no posto número 179,  levantada pola preparación tecnolóxica, na posición número 173. Non obstante, a materia a mellorar para Galicia neste campo é a sofisticación do modelo de negocio, que recibe unha nota baixa deixando á comunidade entre as menos avanzadas.

Mellorías e problemas

Mellora en sanidade, pois escala do 115 a 63, na eficiencia do seu mercado laboral, da posición 204 á 194 e na súa preparación tecnolóxica, do posto 225 ao 173 no 2016. Pero hai aspectos nos que non logra mellorar. Por exemplo, en infraestruturas, Galicia estaba situada no posto número 193, e cae este ano ao 200, a pesar de mellorar os seus accesos.

En xeral, os resultados de 2016 están en consonancia cos de 2013. Os principais motores da competitividade están na maior parte da Europa noroccidental, pero é moito menos evidente nas rexións orientais e meridionais da Unión. En moitos casos obsérvanse tamén grandes variacións dentro dun mesmo país, debido a que a rexión da capital consegue resultados moito mellores que as demais rexións.

Mellores e peores rexións

As rexións máis competitivas de Europa están situadas no centro, principalmente as de países como Alemaña e Dinamarca. As materias pendentes de Galicia para aproximarse ao país xermánico son unha mellor eficiencia do seu mercado laboral (30 puntos de diferenza), o tamaño do mercado e a preparación tecnolóxica, así como unha mellor estabilidade económica. Con todo, están igualados o seu sistema educativo (só cinco puntos por abaixo) e sanitario (tres por encima)

En comparación coas dúas edicións anteriores, publicadas en 2010 e 2013, Malta e varias rexións de Francia, Alemaña, Suecia, Portugal e o Reino Unido melloraron a súa puntuación, mentres que as puntuacións diminuíron en Chipre e algunhas rexións de Grecia, Irlanda e, máis recentemente, dos Países Baixos. Nas rexións orientais da Unión, a competitividade mantivéronse, en xeral, estable.

Tags: #Europa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

11 Próculo

Ese mapa é tramposo porque só incica o que sobe e o que baixa, pero a ninguén se lle ocorrería comparar a situación do Piemonte (Torino) con Galiza, non?

1 pepiño

Queremos a Cristina Cifuentes en Galicia , Ya?

10 experto

E doado dar opinións sen ter nen idea. Os expertos sabemos que o problema redúcese básicamente ao seguinte : a grasa subcutanea das sardiñas, disminueu nun 23,6 % nos últimos 45 anos (hai numerosos estudos que o avalan), co que o nivel de felicidade dos devoradores de sardiñas (a maioría dos galegos) descendeu, provocando unha caída na autoestima que lastra toda a aconomía.

1 xantar

Que opinas de Agader?

9 xaking

Para crear eurorexións fái falla un estatista no poder e Feijoo só chega a ser un sociata reconvertido.

8 pelos

O PP é incapaz de sustituir os técnicos mediocres enchufados polo bipartito, igual que en Madrid precisa a Podemos para sobrevivir.

7 Galego

Collede ps indicativos que queirades nostrus e demáis pailarocos que andades neste foro a cuspir tódolos días en contra do nacionalismo galego, pero collades cal collades Euskal Herria e Catalunya sempre van por diante a moita distancia, pero que malos son os nacionalismos non si.

1 Menoslobos

Ya no tanto. Eso era en tiempo de Franco, cuando los nacionalistas vascos y catalanes no pintaban nada en sus regiones. O sí?. Hoy la primera en renta per capita es Madrid, gobernada por el PP. Lo que si es innegable es que hoy Cataluña es la región más corrupta de Europa según la Unión Europea, y, gracias a los Pujol, para pagar médicos y medicinas tiene que pedir pasta al gobierno central

2 COMISIONES OBREGAS DE VAGOS

aaaaaaaaaHHHHHH JAJAJAJAJAJAJAJAJAJA QUE ESCACHO COA RISA, tes que ser ben pailán, ainda que estiveran nunha ditadura os cataláns e vascos sempre tiveron confianza e amor polo seu e miraron polos seus intereses. Que digas que Madrid a capital do estado é a primeira en renta per capita é de guasa??? a ver é a sede administrativa e fiscal de case tódalas grandes empresas, por por un exemplo ENCE que explota a nosa ría e deixa dous pesos aquí aparte de contaminación e cheiro, tributa en Madrid polo IAE e aumenta o PIB de Madrid polos seus elevados beneficios que reparte entre os seus conselleiros PPeros que tamén tributan en Madrid ainda que teñan casas en Sanxenxo, pero segue falando dos Pujol coma se nos fosen da misma xentalla cos PPeros.

3 Kollontai luguesa

Pero ti neniño, sabes algo da historia de España: dende mediados do XIX ata o XX? Mi madriña, mi madriña! Hai que cultivarse e cosmpolizarse, que non cosmpaletizarse. Non che é o mesmo. Claro, tanto saber "práctico" e non saben nin o elemental da historia do estado ao que din tanto amar. Que peniña de país! Cataluña é forte xa só pola súa posición estratéxica no Mediterráneo dende a Idade Media. Lede a historiaores de verdade, por favor que ese comentario ata semella ser de verdade.

4 teutonio

Poderíasme dar o indicador do Eurostat de corrupción por NUT2??, a UE (imaxino que te refires á CE, ten un ranking de rexións corruptas? ,as parvadas que hai que ler.... da un paseo por Rumanía, Bulgaria ou Grecia, ou directamente Murcia ou Valencia, fai favor... viaxai ou lede!!