Temas: LUMES INCENDIOS

Arde o parque natural do Xurés

Tres lumes nos últimos días arrasan máis de 50 hectáreas en Entrimo e Lobios. Un lume segue activo na parroquia de Venceáns, tras apagar outro este domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2017 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

O parque natural do Xurés arde, a pesar de que acaba de comezar a primavera. A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no municipio ourensán de Entrimo, na parroquia de Venceáns. É o segundo lume na mesma parroquia en dous días e o terceiro que afecta ao parque. En total xa van case 60 hectáreas queimadas en tres días.  

Un brigadista loita contra o lume no Xurés
Un brigadista loita contra o lume no Xurés

O último lume iniciouse na tarde do domingo sobre ás 17,00 horas e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 19 hectáreas rasas do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nos traballos de control participaron un axente, cinco brigadas, seis motobombas e dous helicópteros.

Xusto este sábado a última hora, os medios contra o lume lograron extinguir outro incendio forestal rexistrado tamén na parroquia de Venceáns, e que afectou a unha superficie de 20 hectáreas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.O lume, que entrou por Portugal, iniciouse ás 17,35 horas deste sábado e quedou extinguido ás 21,45 horas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leike

O PP sigue arrasando