Temas: FRANCO

O PSdeG pide unha visita institucional ao Pazo de Meirás ante "o incumprimento da Lei BIC"

Os socialistas lembran que "nunca houbo normalidade" nas visitas que, por lei, a familia está obrigada a permitir.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/03/2017 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O PSdeG rexistrou unha petición na Mesa da Comisión de Cultura para que se realice unha visita institucional ao Pazo de Meirás, situado en Sada (A Coruña), ante "o incumprimento da Lei de Bens de Interese Cultural (BIC)" que establece que se debe permitir unha visita pública gratuíta "canto menos" catro días ao mes.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: Youtube

A través da súa deputada no Parlamento galego Concepción Burgo, os socialistas solicitan que todos os membros da Comisión de Cultura da Cámara galega visiten as instalacións da antiga residencia estival do ditador Francisco Franco, que aínda pertence á súa familia.

Unha familia que, para Burgo, "non fixo outra cousa que pór impedimentos", polo que "non poden permitirse actitudes que parezan un trato de favor" aos descendentes do ditador por parte da Consellería de Cultura.

Así, denunciou que "nunca houbo normalidade" nas visitas que, por lei, a familia está obrigada a permitir e que, mesmo, a carteira de Cultura da Xunta "chegou a pagar con diñeiro público" a empresa de seguridade "que o Franco esixiron para abrir o pazo".

Deste xeito, Burgo apuntou que nestes momentos "é imposible visitar" o complexo, xa que, cando se chama ao teléfono que se ofrece na web para solicitar cita, "soa unha mensaxe dicindo que ese número non existe".

Ademais, no caso de que si atendan ao teléfono, responden que "a cota de visitas está esgotado". "Sempre está esgotado, chámese cando se chame, nun claro impedimento para non permitir a entrada", censurou.

Temas: FRANCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Galegus

En mi caso llamé al teléfono correspondiente y nos permitieron visitarlo esa misma semana. Un hermoso lugar donde nos trataron estupendamente.

1 menuda festa

Porque entre nacionalistas espanhois hai que levar-se bem.

2 Boavida

No se hizo la miel para la boca del asno. El lumpen que se dedique al botellón y los antros bloqueiros.

1 HLP

Parece que a familia quere que lle expropien o pazo e así obter uns cuantiosos beneficios toda vez que as expropiacións fanse polo valor de mercado e non polo catastral. E os socialistas entran ao trapo. Listos como allos.