Temas: JAVIER LOJO UPYD

UPyD quere renacer en Galicia

Javier Lojo novo coordinador desta formación en Galicia. “Son moitos os afiliados que marcharon e que agora están a volver a UPyD tras sentirse estafados por Ciudadanos”, di.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/03/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

UPyD, a formación que fundou Rosa Díez e que chegou a ter certa implantación en concellos galegos, quere rexurdir das súas cinzas logo de que, prácticamente, quedou  desaparecida pola irrupción de Ciudadanos. 

Javier Lojo, novo líder de UPYD en Galicia
Javier Lojo, novo líder de UPYD en Galicia | Fonte: UPYD

Tras a designación como novo coordinador de UPyD en Galicia de Javier Lojo, o candidato ao Congreso por Pontevedra en 2015, esta formación procederá a modificar a estrutura organizativa do partido a nivel autonómico e establecerá conversacións para achegar posturas con diferentes institucións e partidos políticos galegos.

“A nosa principal meta é volver situar a UPyD na actualidade política autonómica. Galicia necesita un partido que defenda as verdadeiras políticas do centro-esquerda progresista e máis agora que Cidadáns demostrou ser un verdadeiro engano, unha estafa para Galicia”, destacou o novo coordinador.  “En Galicia, temos estrutura no catro provincias e a nosa meta son as próximas eleccións municipais”, engade.

Lojo chega despois da substitución do anterior coordinador rexional, Enrique Lareo, que tomou a decisión de dimitir do cargo "por causas persoais". O resto da lista confórmana a responsable de Organización Ana Argiz (Lugo), Miguel Brasa (Vigo) como responsable de Acción Política e Programa, Elena Español (Pontevedra), Borja Muíños (Marín) responsable de sociedade civil, Carlos Fontán (Pontevedra), Carlos Casar (Ourense) e Javier Gil (Vigo).

Nas próximas semanas, UPyD anuncia que percorrerá as principais cidades de Galicia para informar das súas principais propostas. Ademais,  quere animar á xente a sumarse ao proxecto, que agora lidera Cristián Brown, e que nos últimos meses está a incrementar a afiliación. “Curiosamente son moitos os afiliados que se foron e que marcharon e están a volver a UPyD. Algúns nos din claramente que sentiron estafados por Ciudadanos e que non queren apoiar a un partido que defende abertamente as políticas conservadoras do Partido Popular”, indica.

Temas: JAVIER LOJO UPYD
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 nostrus

Mondadientes. Si tienes alguna duda sobre la existencia de la nacion española pregunta en la ONU, en la CE, en la OTAN, preguntale a los franceses, preguntale a la historia y a la geografia o mira la Constitucion y hallaras la respuesta. Si quieres saber donde esta la nacion gallega...¿donde hay que preguntar?. La nacion gallega es un acto de fe similar al Reino de los Cielos y mas facil rebatir a un creyente de la nacion gallega que a un creyente del Reino de los Cielos.

1 Mondadientes

Ti vai e pregúntalle ó dicionario, O VOSO DICIONARIO. O resto son farrapos de gaita.

7 Gamela

Podían facernos un favor a todos dándolle un posto de saída nas súas listas electorais a dous artistas que no seu día xa militaron en UPyD e que a día de hoxe están REMEXENDO en todo sen facer nada positivo en ningún lado... UPyD Galicia debera fichar e meter en nómina a Carlos Armada e a Pedro Larrauri Farían un FAVOR moi Grande a Galicia !!!

1 Gamela

Pedro Larrauri está un poco perjudicado (pero quién sabe) http://www.lavozdegalicia.es/notici... Carlos Armada semella estar en Plena Forma: http://www.21noticias.com/2017/03/x...

6 Marcelino del Val

Ánimo y a por todas Lojo!! Galicia está un poco dejada de la mano del diablo.

5 jose

Pois a que esperas para meterte ti en calquera de esas duas organizacions antigalegas?, Ao 90por cento dos leitores dete medio non nos interesa, son peores que o PP no tema españolista, en concreto os de UP, mesmo pretendían acabar coa autonomia

4 nacionalismo espanhol não

organização que não reconhece a nação galega nem o dereito das galegas e galegos a escolhere o seu futuro, e que subordina a lingua e cultura galegas ás decisões do estado espanhol, "vilinguismo" incluido. Não, obrigado

1 nostrus

Es que para reconocer la nacion gallega es necesario sufrir alguna enfermedad mental que distorsione la realidad y para estar a favor del bilingüismo se necesita ser respetuoso con la realidad lingúistica gallega, cosa que no poseen los sepa-ratas. Las decisiones que se toman por el consenso del conjunto de un pueblo valen mas que las de una parte de ese pueblo. UPyD no es una secta sometida a unos mantras como hacen los nacionalistas, pero el afan protagonista de alguno de sus miembros echo abajo un bonito proyecto. Menos mal que nos queda C´s que tiene unas ideas similares. Aupa C´s.

2 Mondadientes

A que non se recoñece por ningures é a "nación" española. Vai ó dicionario e revisa o que é unha nación ,logo falamos. Como din os vosos pijiños: Agur Ben Hur