ANOVA e Xeira botan aos que empezaron a liorta na Asemblea

O conflito comezou durante unha intervención de Beiras. Xeira deixa a porta aberta a que os mozos da FPG sancionados volvan á organización no caso de acudiren a talleres de “despatriarcalización”.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 20/03/2017 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A liorta na Asemblea de ANOVA está a ter consecuencias inmediatas entre a súa militancia. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo esta mañá que os implicados xa non están no partido.

Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova
Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova

ANUNCIO DE MARTIÑO NORIEGA

“Cóstame que nestes intres xa non forman parte da organización” declarou o luns o edil, que en todo caso puntualizou que el xa non forma parte da directiva de ANOVA, polo que deben ser os órganos oficiais quen aclaren as medidas adoptadas.

O mandatario nacionalista cualificou de “anécdota desagradable o sucedido”. Un suceso contraditorio, na súa opinión, porque o resto da Asemblea, no que finalmente só houbo unha lista candidata á dirección, foi tranquilo.

COMUNICADO DE XEIRA

Xeira, as mocidades vinculadas ao partido FPG, cuxa militancia se integrou en ANOVA, tamén reacionou rápidamente. Este domingo facía público un comunicado de “autocrítica” no que mostra o seu desmarque ante “conductas tóxicas”. Para os implicados, Xeira anunciaba a “consecuente separación inmediata da militancia da nosa organización”.   O colectivo de mozos tamén lanza as  “máis honestas e enérxicas desculpas” ante o “dano que militantes nosos puideran ter ocasionado ao movemento popular”. 

Rifa no III Asemblea de Anova
Rifa no III Asemblea de Anova | Fonte: EP

A expulsión destes individuos de Xeira pode ser só unha medida provisional. Así, a organización próxima a Frente Popular Galega sinala que as medidas son temporais, “ata que se demostre predisposición e formas para volver a militar, á vez que mentres non militen serán emprazados a acudir de forma periódica a talleres de formación implantados por compañeiras sobre despatriarcalización das prácticas socio-políticas”. Para eles o sucedido débese en parte a “unha forma estrutural do patriarcado” que cómpre corrixir. 

CRÓNICA DO SUCESO

O detonante foi a intervención dun militante de Cangas que, desde o público, cuestionaba as palabras de Beiras cando defendía a unidade popular pola que aposta Anova e reivindicaba a súa incuestionable traxectoria nacionalista, mesmo como membro de En Marea.

Estas afrontas desde o público motivaron que o secretario de Organización saínte, Rafael Dopico, pedise a este militante que falaba desde o público respectar a intervención de Beiras --nese momento no uso da palabra--.

Á súa vez, orixinou as protestas dalgún membro do colectivo Xeira pola actitude deste militante --que, segundo confirmaron fontes desta organización a Europa Press, xa non pertence á FPG--.

OVACIÓN, ABRAZO E RIFA

Tras a intervención de Beiras houbo unha forte ovación e mesmo o veterano político abrazouse con Méndez Ferrín, histórico da FPG. Con todo, ao mesmo tempo que se puña a xente en pé para aplaudir ao histórico dirixente de Anova, un grupo de mozos de Xeira, que segundo fontes consultadas por Europa Press afiliáronse nos últimos meses á organización nacionalista, enfrontáronse aos militantes que increparon a Beiras e a situación acabou con empuxóns e patadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

4 Sesta prolongada do vello

A incuestionable traxectoria nacionalista de Oh Beiras, que se aliou con Procesiones e deu mítines coa banderita española para recuperar o salario de deputado.

3 Xa Cheira

A talleres de despatriarcalización!!! Quen os vai impartir, O'Beiras???? HAHA https://unpaisenlata.wordpress.com/...

2 Betula

O dano xa está feito...

1 Aldan

A rua con estes marulos. E moi ben por non censurar o que vivimos ; non como os de Praza Publica que cada vez pare mais prensa de partido. O mesmo co sermons e o Bng pero coas mareas