Un violín de 1773 soará esta semana no tres concertos da Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Ferrol

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana tres concertos en Santiago de Compostela e Ferrol nos que levará a batuta o mestre venezolano Manuel Hernández-Silva e nos que soará un violín de 1773, tocado polo violinista francés Amaury Coeytaux.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2017 | Actualizada ás 18:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana tres concertos en Santiago de Compostela e Ferrol nos que levará a batuta o mestre venezolano Manuel Hernández-Silva e nos que soará un violín de 1773, tocado polo violinista francés Amaury Coeytaux.

O violinista francés Amaury Coeytaux.
O violinista francés Amaury Coeytaux. | Fonte: Europa Press

Segundo informou o Consorcio de Santiago, o primeiro terá lugar este xoves 23 de marzo ás 20,30 horas na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia.

O venres, á mesma hora, a orquestra actuará no Teatro Jofre de Ferrol. E o sábado, ás 18,30 horas, parte do concerto de abono repetirase para o público máis novo e para as familias no Auditorio de Galicia, no marco do ciclo 'Descobre unha orquestra para ti, a túa!', que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.

Neste caso as entradas custan cinco euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos, segundo indica a organización.

Os concertos de Santiago e Ferrol comezarán coa 'Sinfonía en do menor' de Edvard Grieg (1843-1907), considerado un dos principais representantes do romanticismo musical.

Ambas as actuacións concluirán co 'Concerto para violín en Re maior' de Chaikovski (1840-1893), unha das obras máis interpretadas para este instrumento.

Nesta ocasión será protagonizada polo violinista francés Amaury Coeytaux, recoñecido como un dos máis dotados e prometedores músicos da súa xeración.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta