O TSXG ratifica o dereito de bombeiros de Ourense a ter días de asuntos propia fronte ao recurso do Concello

A Sala apunta a "unha corruptela por parte do ente municipal" no feito de que as denegacións se fixesen por órganos "incompetentes"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2017 | Actualizada ás 18:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a sentenza --do 18 de xullo de 2016 do xulgado do Contencioso número número 1 de Ourense-- na que se recoñece o dereito dos bombeiros a gozar de seis días de asuntos propios ao ano ou a percibir a indmenización equivalente.

Deste xeito, a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG desestima, nun fallo con data de 1 de marzo de 2017, o recurso presentado polo Concello de Ourense.

Nos fundamentos de dereito, o TSXG sinala que as negativas a este dereito dos traballadores eran ditadas polo superior xerárquico inmediato do solicitante, o que considera un "órgano incompetente".

Respecto diso, explica que o órgano correspondente para a denegación de permisos "non é outro que o alcalde" do municipio, "na súa calidade de titular da superior dirección do persoal ao servizo da administración municipal".

Esa competencia pode ser delegada nun concelleiro ou no xefe do servizo de extinción de incendios, pero para que iso ocorra debe ser publicado no boletín ou diario oficial no seu ámbito territorial, así como "recoller a delegación operada na propia resolución ditada polo órgano delegado". Con todo, "ningún deses requisitos cumpriuse", "omitíndose, ademais, toda referencia na resolución denegatoria" á posibilidade de recurso, nin prazo para presentalo, nin órgano ante o que promovelo.

Así mesmo, condénase á parte recorrente a pagar as costas procesuais, cunha contía máxima que se fixa en 1.000 euros a percibir en concepto de honorarios de letrado da parte apelada. Contra este fallo cabe interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo ou ante o TSXG nun prazo de 30 días.

"CORRUPTELA POR PARTE DO ENTE MUNICIPAL"

Pola súa banda, o Concello de Ourense escudábase en que esa denegación de días de asuntos propios "obedeceu a necesidades do servizo", pero a Sala falla que esa cuestión "non pode cernar o dereito dos traballadores ao descanso". Desta maneira, "o que non é admisible é que tal decisión non ofreza alternativas en canto ás datas máis convenientes para ditos goces".

Xunto a isto, o TSXG avisa de que "o costume ou práctica habitual" de concesión ou denegación dos permisos solicitados "veuse decidindo, sen delegación expresa, polo superior xerárquico inmediato do peticionario, non deixa de constituír, de ser certo, unha corruptela por parte do ente municipal".

Con todo, sinala que iso "ningún efecto negativo produce cando resulta tácitamente aceptada por todos". "Con todo, neste caso, é obvio que tal aceptación tácita non tivo lugar", apunta, polo que os afectados "tiñan dereito" a que a súa pretensión "fose resolta polo órgano competente".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta