Un coloquio e proxeccións na Coruña homenaxearán o legado de María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrarán diversas actividades na Coruña nos próximos días para lembrar o legado da actriz María Casares a través dun coloquio e varias proxeccións.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2017 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrarán diversas actividades na Coruña nos próximos días para lembrar o legado da actriz María Casares a través dun coloquio e varias proxeccións.

Premios María Casares
Premios María Casares | Fonte: Europa Press

Con motivo da gala dos XXI Premios de Teatro María Casares levarán a cabo actos paralelos que arrincan este xoves, 23 de marzo (19,30 horas na Casa Museo Casares Quiroga), coa emisión da entrevista que o xornalista Joaquín Soler Serrano fixo á actriz no histórico programa de TVE 'A fondo'.

Tras a proxección, haberá un coloquio ao redor da figura da intérprete coa investigadora María Lopo, o dramaturgo Manuel Lourenzo e a vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera. O encontro estará moderado polo xornalista Alberto Ramos. Conta coa colaboración de Televisión Española, que cede a copia do programa, e a entrada será gratuíta.

A segunda actividade terá lugar o 30 de marzo (20,30 horas), na sede coruñesa do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), coa exhibición da película 'Orfeo' (1950), unha das películas de referencia de Jean Cocteau.

Ademais, o programa 'Diario Cultural', da Radio Galega, dedicará entre os días 27 e 30 de marzo unha cobertura especial dedicada á gala dos Premios María Casares, que incluirá a narración de fragmentos das memorias da actriz, 'Residente privilexiada', interpretados por Sabela Gago, Diana González, María Mera e Isabel Naveira, asociadas da AAAG.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta