Down Compostela entrega os seus premios a Carmen Barbeito Manteiga, Colexio Divino Mestre e a empresa Xade

Down Compostela entregou este luns os seus premios a Carmen Barbeito Manteiga, Colexio Divino Mestre e a empresa Xade (encargada da xestión do Multiusos de Sar-Santa Isabel).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2017 | Actualizada ás 21:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Down Compostela entregou este luns os seus premios a Carmen Barbeito Manteiga, Colexio Divino Mestre e a empresa Xade (encargada da xestión do Multiusos de Sar-Santa Isabel).

Na entrega do V Premios Down Compostela participou o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, que recoñeceu o labor desta entidade, que "traballa de maneira incansable na procura dunha vida mellor para todas estas persoas".

Respecto diso, Santalices sinala que actos como o deste luns "son necesarios" en prol da plena integración deste colectivo, o que, "desgraciadamente", aínda "dista moito de alcanzar".

Así mesmo, apuntou que as portas do Parlamento galego están "permanentemente abertas" para este tipo de organizacións, á vez que mostrou o seu apoio á campaña de sensibilización de Down Compostela sobre os dereitos destas persoas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta