Suspenden o xuízo polo asalto a un matrimonio de Vilanova ao non comparecer o avogado do acusado

O xuízo previsto para este martes na Sección Cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra por un roubo con violencia e tres delitos de detención ilegal, agravados polo uso de disfrace, non se puido iniciar ao non comparecer o avogado da defensa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2017 | Actualizada ás 15:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xuízo previsto para este martes na Sección Cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra por un roubo con violencia e tres delitos de detención ilegal, agravados polo uso de disfrace, non se puido iniciar ao non comparecer o avogado da defensa.

Con todo, si acudiu o acusado, que foi trasladado este martes ata o Pazo de Xustiza de Pontevedra pola Policía Nacional.

Este home, W.F.L., está acusado de entrar, xunto con outro tres persoas que non foron identificadas, a roubar na casa dun matrimonio de Vilanova de Arousa, onde maniataron a varias persoas para lograr o seu obxectivo.

O Ministerio público pide unha condena de 16 anos e oito meses de prisión, así como unha indemnización para os prexudicados, a familia de Jacinto Vidal, un coñecido construtor de Vilagarcía. O xuízo foi aprazado ata o próximo 30 de marzo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta