Rexistran a Cámara de Comercio de Lugo por orde de Pilar de Lara

A investigación parte dos informes do Consello de Contas sobre "irregularidades no funcionamento e xestión da Cámara" durante os anos 2010 e 2011.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2017 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A sede da Cámara de Comercio de Lugo foi rexistrada a comezos desta semana por orde da titular do xulgado número uno de Lugo, Pilar de Lara. A entrada e rexistro no tres dependencias coas que conta esta entidade produciuse o pasado luns e prolongouse durante boa parte do día.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

A investigación parte dos informes do Consello de Contas sobre "irregularidades no funcionamento e xestión da Cámara" durante os anos 2010 e 2011. Os feitos poderían constituír delitos de malversación de caudais públicos, alzamento de bens, contratacións ilegais e fraude en subvencións.

En 2015, o por entón conselleiro maior de Contas, Xesús Palmou, informou o Parlamento galego da remisión á Fiscalía do Tribunal de Contas de informes sobres irregularidades detectadas nas cámaras de comercio galegas.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Xabier Díaz, eludiu facer declaracións sobre estes rexistros, tan só limitouse a apuntar que a investigación está "baixo segredo de sumario".

Así, De Lara ordenou o rexistro nas dependencias da Cámara, no edificio da UNED e en Ramón Ferreiro, así como na Confederación de Empresarios de Lugo, na Praza de Santo Domingo, que alberga servizos da entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta