A Fundación Araguaney presenta un libro que analiza o traballo de reporteiras en Oriente Medio e Norte de África

A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas acollerá este xoves, día 23, a presentación do libro 'El mundo árabo-islámico como ellas nos lo contaron' da xornalista e doutora en Historia Contemporánea especializada en xénero Carmen V. Valiña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 08:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas acollerá este xoves, día 23, a presentación do libro 'El mundo árabo-islámico como ellas nos lo contaron' da xornalista e doutora en Historia Contemporánea especializada en xénero Carmen V. Valiña.

A Fundación Araguaney presenta libro
A Fundación Araguaney presenta libro | Fonte: Europa Press

A escritora e xornalista marinense Lara Dopazo Ruibal e o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, presentarán o acto que se celebrará ás 20,00 horas no salón Camelia do hotel Eurostars Araguaney.

O libro de Carmen V. Valiña (Baio, A Coruña, 1985) céntrase en analizar o traballo das xornalistas e enviadas especiais a Oriente Medio e o Norte de África de TVE durante a época da democracia, reunindo os seus testemuños mediante entrevistas personalizadas nas que percorren conflitos tan variados como a Revolución Islámica, a invasión soviética de Afganistán, a invasión estadounidense de Iraq ou a recente Primavera Árabe.

"Durante séculos, homes viaxeiros, diplomáticos e políticos debuxaron o inmenso territorio que vai desde Marrocos a Afganistán como un Oriente á vez exótico e ameazante, infestado de fanatismo e no que a parte feminina da sociedade raramente aparecía senón era baixo veos e submisión. O libro é todo o contrario, un relato de mulleres xornalistas sobre mulleres árabes e musulmás que estudan, traballan, loitan, e en definitiva, que existen", segundo relata a escritora.

Aínda que o número de enviadas especiais a estas rexións aumenta considerablemente a partir dos anos 90, Carmen V. Valiña indica que, con anterioridade a esa época, destacan nomes do xornalismo español como Rosa María Calaf ou Carmen Sarmiento, pioneiras e ponte entre o franquismo e a democracia, que abriron o camiño a moitas outras, como Ángela Rodicio, xornalista nas coberturas sobre Iraq dos 90.

Xa nos últimos anos, a partir de 2000, Valiña subliña a aparición con forza de novas voces, como a galega Érika Reija, que cubriu a Primavera Árabe, Almudena Ariza, e tamén menciona á Raíña, Letizia Ortiz, cando traballou como enviada especial en Iraq durante a invasión estadounidense do país.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta