O xuízo ao home acusado de asasinar as súas fillas en Moraña (Pontevedra) será entre o 4 e o 6 de xullo

O xuízo ao home acusado de asasinar ás súas dúas fillas menores de idade en Moraña (Pontevedra) no verán de 2015 terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 14:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xuízo ao home acusado de asasinar ás súas dúas fillas menores de idade en Moraña (Pontevedra) no verán de 2015 terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo.

Dobre crime de Moraña (Pontevedra)
Dobre crime de Moraña (Pontevedra) | Fonte: Europa Press

Segundo informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuízo celebrarase na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra con tribunal de xurado.

O pasado mes de febreiro o xulgado de instrución número 1 de Caldas de Reis (Pontevedra) ditou auto de apertura de xuízo oral contra David O.R., acusado destes asasinatos.

A finais de xaneiro celebrouse a audiencia preliminar na que tanto a Fiscalía como a acusación particular solicitaron a apertura de xuízo oral, petición á que non se opuxo a defensa.

Xa nesa vista, o Ministerio Público ratificou a súa petición de prisión permanente revisable para o acusado, ao que atribúe dous delitos de asasinato, cualificados pola aleivosía e agravados polo feito de que as vítimas, as súas fillas, eran menores de 16 anos.

Pola súa banda, a acusación particular tamén solicita a pena de prisión permanente revisable, mentres que a defensa de David O.R., alega a eximente completa de trastorno mental transitorio.

DOBRE PARRICIDIO

Segundo sostén a Fiscalía, entre as 8,30 e as 11,00 horas do 31 de xullo de 2015, o acusado atopábase no seu domicilio en Moraña coas súas dúas fillas, pasando xuntos o período de visitas das vacacións (os proxenitores están separados), cando se desencadearon os feitos.

Así, mantén que David O.R., "con evidente ánimo de acabar coa súa vida e coa finalidade de evitar calquera posibilidade de defensa ou fuxida das menores", fíxolles inxerir tres fármacos, "para adormecelas ou polo menos lograr que estivesen cun nivel baixo de conciencia", antes de asasinalas utilizando unha serra eléctrica e un coitelo de cociña.

Posteriormente, o home autolesionouse e foi trasladado a un centro hospitalario, antes de pasar a disposición do xulgado de Caldas, que decretou o seu ingreso en prisión provisional.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta