A Xunta quere captar un turismo de calidade vendendo paisaxe galega

Pretende chegar aos seis millóns de turistas en 2020 e que un terzo deles sexan estranxeiros. Feijóo insiste na necesidade da apostar por un novo turista, diferente ao peregrino. Recoñece dificultades pola competencia entre os aeroportos galegos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 23/03/2017 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O pasado ano visitaron Galicia un total de cinco millóns de turistas, a maior parte deles do conxunto do Estado, aínda que ano a ano aumentan aqueles estranxeiros que chegan ao país atraídos polos encantos do Camiño. Precisamente, e aínda que a peregrinaxe é un dos grandes reclamos turísticos do país, a Xunta quere que eses turistas queden máis tempo e gasten máis.

Illa de San Simón, na ría de Vigo
Illa de San Simón, na ría de Vigo | Fonte: turismo.gal

Por iso, a nova estratexia do Turismo para o 2020 incide na necesidade de facer da paisaxe galega un reclamo para atraer un “turista de maior calidade”, tal e como suliñou este xoves o presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. O Goberno galego quere potenciar o ecoturismo, o turismo rural e vincular a natureza a un novo tipo de ocio de maior calidade.

Para este plan, a Xunta destinará 240 millóns de euros, a maior parte, un 37% do total, para atraer a ese novo tipo de turismo para que desfrute da nosa natureza. Deste xeito, rehabilitaranse miradoiros, crearanse sendas turísticas e se aproveitarán, aínda máis, as posibilidades que ofrecen os parques naturais coa realización de paquetes coturisticos. Tamén se potenciará e se porán en valor os cascos históricos.

Desestacionalizar a oferta turística

O principal obxectivo, tal e como anunciou Feijóo, é desestacionalizar a oferta turística galega e fidelizar a un novo tipo de turismo que poida gastar máis diñeiro en Galicia. “Trátase de aproveitar a marca Galicia e a calidade da nosa terra para atraer a este novo turismo de calidade”, suliñou o presidente da Xunta.

Un peregrino ás portas de Santiago de Compostela
Un peregrino ás portas de Santiago de Compostela | Fonte: DUVI.

Sen embargo, un dos principais problemas aos que se enfronta este plan é a falta dun aeroporto potente en Galicia. O propio Feijóo recoñeceu esta situación pola falta dun gran aeroporto que concentre a principal oferta turística galega. “O de Porto concentra voos e aquí competimos entre tres aeroportos galegos”, manifestou.

Esa nova estratexia turística recolle 11 novas liñas de actuación, entre as que se atopa, a de potenciar a paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade e mobilidade turística, os camiños e a sensibilización, comercialización e internacionalización do noso turismo. “Queremos ter máis turistas pero máis tempos. E, para iso, é fundamental fidelizalos cunha oferta única e diferente e con paquetes turísticos de calidade e máis segmentados”, indicou Feijóo.

Seis millóns de turistas

A Xunta pretende, con este novo plan, chegar aos seis millóns de turistas en 2010 e que un terzo deles sexan estranxeiros. O pasado ano, dos 280 peregrinos que chegaron a Compostela, máis da metade, o eran estranxeiros. E a mesma tendencia xa se está reproducindo nos primeiros meses deste ano. 

Paralelamente a esta estratexia turística, a Xunta seguirá potenciando o Xacobeo como “un bloque turístico aparte”, dixo Feijóo. De feito, o Consello da Xunta aprobou este xoves novos acordos coa Catedral de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago para mellorar o acollemento dos peregrinos que chegan á capital galega.

Aba canón do Sil
Aba canón do Sil | Fonte: Doade Canón do Sil Canon do Sil Canón do Sil
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Bisbardos

Como algún turista vexa a Pilar García Negro, aparte de darlle un síncope, non volve nunca máis.

1 Kollontai luguesa

Non ho, eses relacionanse con deputadas glamurosas que anda por New York cando hai que votar leis importantes para o benestar dos españois. Non ves que soen ser coleguis de la rama centro izquierda del partido del poder ou da de centro dereita... En fin... Ás veces é difícil distinguir. Vexo que nesta web seguide permitindo comentarios machistas e descualificatorios... E despois queixarémonos das consecuencias do machismo.

2 LKI

Tan machistas coma o teu, Kollona "luguesa", que te mofas dunhas deputadas que estaban en Nova Iorque traballando precisamente nunha reunión das Nacións Unidas sobre empoderamento feminino. Nótase que és un trol machirulo travestido e que tiras da prensa dereitosa españolista Inda-syle.

3 Kollontai luguesa

Empoderamento cara a converxencia sideral do novo espazo cosmico. Yo me empodero, yo me empoderaba y yo me empodere. Que andas a defender o postiño ou a poltrona dun amigo? Non tes moito talento....

3 galegoexiliado

Si señor. Xa está ben de subencionar so a peroflautas e turigrinos. Ahora a subencionar tamén o turismo de iate, campos de golf e comedeiros de cinco visas (os únicos sitios que visitan). Todos pagan impostos, e os ricos mais, pooo tanto merecen mais axudas, ainda que sigan a preferir Maiorka e o Caribe.

2 Alarico

Nom venderám nem um “cam”. A paisagem galega é hoje: eucaliptos, plumachos, acácias, e feismo. É dizer, a miséria. Eles o sabem, assi pois esta é umha operaçom para justificar gastos e assi poder de passo meter a mao.

1 BeneB

Certo, é unha magoa. Mais a evidencia de que a paisaxe é un valor (cultural, social, ecolóxico e económico), non o pode negar ninguén. Que continúen cos lumes, co eucalipto e o feismo, cavando a propia cova. Eu o que vexo en xeral, é que na Galiza, a ignorancia e o descoñecemento e a falta de educación imponse en moitos ámbitos, e se algo mostra a historia do mundo é que a ignorancia xamais trunfa.

1 prrrrrrrrrrr

No ano 2016, ano da conxunción astral, xeopolítica, terrorista e de cambio de divisas para o aumento do turismo, Galicia recibiu menos turistas estranxeiros ca no 2015. Han facer, han....