Temas: XUNTA

Feijóo insiste en defender o seu decreto eólico porque “xera beneficios” para Galicia

O Goberno da Xunta xa pagou máis de 1,3 millóns de euros en indemnizacións tras a anulación do decreto eólico do bipartito.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/03/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

“Que Galicia ingrese 160 millóns de euros polo canon eólico ben merece un preito”. Con esta contundencia se expresou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre as novas sentenzas xudiciais que obrigan ao Goberno galego a indemnizar ás empresas tras a anulación do plano eólico do bipartito.

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: DUVI.

Referíase Feijóo a última sentenza que obriga ao Goberno galego a indemnizar á empresa Ventaura con 800.000 euros pola anulación dese plan. Unhas indemnizacións que suman xa máis de 1,3 millóns de euros. Non obstante, a Xunta insiste en que estes preitos perdidos non supoñen que a nova lei eólica sexa ineficaz.

“A seguridade xurídica do novo decreto eólico está blindada”, suliñou Feijóo ao ser preguntado por GC sobre esta sentenza. “O que di é que hai que pagarlle á empresa os gastos que tivo tras anulación do anterior decreto eólico, pero non se trata de indemnizacións”, engadiu na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

“A suspensión dese decreto quedou superada polas novas leis e sentenzas”, indicou ao lembrar que “na lei anterior había moitos intereses en xogo” e co seu decreto o único interese “é Galicia”. De feito, insistiu que a súa normativa recolle un canon eólico que non había no anterior e que isto supón que o país teña gañado 160 millóns de euros.

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta