Un home acepta dous anos de cárcere tras recoñecer realizar tocamentos a unha menor

Un home aceptou este xoves unha condena de dous anos de prisión tras recoñecer ante o tribunal da Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra realizar tocamentos a unha nena de 11 anos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 18:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home aceptou este xoves unha condena de dous anos de prisión tras recoñecer ante o tribunal da Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra realizar tocamentos a unha nena de 11 anos.

A admisión do delito chegou despois de que a Fiscalía, a acusación particular e a defensa do procesado alcanzasen un acordo de conformidade, polo que a Sala ditará sentenza nos mesmos termos pactados renunciando as partes a calquera reclamación posterior.

Segundo consta no escrito de acusación, o home atopábase traballando en Ponteareas na tarde do 8 de novembro de 2015 cando, "con ánimo de satisfacer o seu libido", achegouse á nena, rodeouna co brazo e "meteulle a súa man dentro do pantalón da menor ata tocarlle o cu, momento no que a nena se apartou bruscamente e díxolle que parase".

O relato que fai o Ministerio Público sinala que, momentos máis tarde, o acusado "con igual ánimo" achegouse de novo á menor e, agarrándoa de novo polos brazos desde atrás, meteu a súa man por dentro do pantalón tocándolle o cu e alcanzando a vaxina, aínda que non chegou a tocala plenamente. O acusado tamén lle tocou os peitos por fóra da roupa.

ABUSOS A MENOR

Estes feitos son constitutivos dun delito de abusos sexuais sobre persoa menor de idade dos que o acusado se confesou autor polo que se lle impón unha pena de dous anos de prisión. Inicialmente a Fiscalía solicitaba tres anos de cárcere.

Tamén se lle impón a prohibición de aproximarse á vítima a unha distancia inferior a 200 metros por tempo de tres anos e deberá indemnizala na cantidade de 3.000 euros, así como proceder ao pago das costas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta