As 'Regueifas da Ciencia' volven o martes 28 á USC cun debate sobre a alimentación saudable

A segunda edición das 'Regueifas da Ciencia', organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, arrinca o vindeiro martes 28 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación cun debate sobre alimentación saudable.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A segunda edición das 'Regueifas da Ciencia', organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, arrinca o vindeiro martes 28 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación cun debate sobre alimentación saudable.

Esta iniciativa reuniu o pasado ano a "máis de 1.500 persoas" no catro debates que se organizaron, que trataron temas como o cambio de fuso horario ou a experimentación animal e nos que participaron caras coñecidas como Jorge Mira, Fernando Savater ou Fernando Sánchez Dragó.

Estas 'charlas-debate' realízanse baixo o formato 'Oxford', polo que haberá dous equipos que defenderán unha postura en quendas de tempos pautados que, á súa vez, serán moderados por un árbitro.

O público, que tamén poderá realizar as súas propias preguntas aos membros dos equipos, participa activamente, xa que ao principio e ao final do debate pregúntaselles a súa posición achega do tema a tratar.

É ao final do encontro dialéctico cando se coñecen os resultados de ambas as consultas para, deste xeito, medir o grao de incidencia que puidesen ter os argumentos dos participantes.

EQUIPOS PARTICIPANTES

Así, a primeira 'Regueifa da Ciencia' deste 2017 ten como título 'Promove a industria unha alimentación sa?' e o primeiro equipo estará integrado pola profesora da USC Rosaura Leis e o profesor de Bioquímica José Manule López Nicolás, autor do libro 'Imos comprar mentiras'.

Fronte a eles estarán o director de Política Alimentaria, Nutrición e Saúde da Federación Española de Industrias da Alimentación e Bebidas (FIAB), Enrico Frabetti, e o director de Saúde e Nutrición en Coca-Cola Iberia, Rafael Urrialde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta