O Parlamento pide que se simplifiquen as esixencias sobre botiquines a bordo para a frota de baixura

O Parlamento de Galicia reclama que se simplifiquen os requisitos relativos á esixencia de levar botiquines a bordo para a frota de baixura, debido ás súas particularidades.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 19:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia reclama que se simplifiquen os requisitos relativos á esixencia de levar botiquines a bordo para a frota de baixura, debido ás súas particularidades.

En concreto, a comisión de pesca da Cámara galega aprobou este xoves unha proposición non de lei, autoría do PP, coa que os parlamentarios (houbo 11 votos a favor e unha abstención) solicitan á Xunta que se dirixa á Unión Europea para "explicar a realidade" da baixura.

O obxectivo é que se simplifiquen as esixencias, "adecuándoas ás circunstancias de proximidade, inmediata asistencia médica e limitación de espazo a bordo" deste tipo de embarcacións.

En decembro pasado, tras unha reunión en Bruxelas coa Dirección Xeral de Emprego, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, sinalou que se deu "un paso adiante" para as 3.800 embarcacións galegas que faenan preto da costa.

Son buques, estes, que ven obrigados pola normativa europea a levar un "engorroso" botiquín, en palabras da propia conselleira entón, "que lles supón máis dunha dor de cabeza" cada vez que teñen que pasar a revisión.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta