O Resurrection Fest denuncia un aumento do 500% nos prezos de aloxamentos na Mariña durante o festival

O Resurrection Fest denuncia un aumento do 500% nos prezos de aloxamentos na comarca da Mariña durante os días que se celebra este festival en Viveiro (Lugo).

LUGO | 23/03/2017 | Actualizada ás 19:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Resurrection Fest denuncia un aumento do 500% nos prezos de aloxamentos na comarca da Mariña durante os días que se celebra este festival en Viveiro (Lugo).

RESURRECTION FEST
RESURRECTION FEST | Fonte: Europa Press

Nun comunicado, a organización lamenta a situación "totalmente inviable para todo o público", que identifica cun "abuso", pois unha noite de hotel pode saír ata por 800 euros e por unha semana nun piso "chéguese a cobrar 1.000 euros".

Aínda que recoñece que a oferta hostaleira na zona "non é grande", defende que, "dalgunha maneira os prezos deben ter certos límites", xa que provoca unha "barreira inamovible" para público que quere vir doutras partes de España e Europa e con prezos superiores a outras partes en tempada alta.

"Agora mesmo en Viveiro temos algo bo que se creou ao longo dos anos, que beneficia a todo o mundo e debemos coidalo entre todos, cada un a súa parte", remarca a organización.

Ademais, advirte de que "pola contra, todo isto traerá consecuencias que afectarán directamente os asistentes e ao turismo xeral de toda a comarca". "De manterse esta situación a longo prazo, será insustentable manter o festival en Viveiro", avisa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta