Lídia Senra (AGEe) insta á UE a frear a "discriminación" entre países na repartición de cotas

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra, instou á Unión Europea (UE) a frear a "discriminación" entre países e frotas na repartición dos dereitos de pesca.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 19:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra, instou á Unión Europea (UE) a frear a "discriminación" entre países e frotas na repartición dos dereitos de pesca.

A europarlamentaria pronunciouse deste xeito durante o debate que os membros da Comisión de Pesca mantiveron este xoves en Bruxelas co comisario do ramo, Karmenu Vella, sobre o diálogo estruturado que fará balance do traballo destes últimos anos e as previsións para os dous próximos en materia de asuntos marítimos.

Na sesión, Lídia Senra preguntou polas medidas que pensa tomar a Comisión Europea ante a discriminación na repartición do dereito a pescar entre os diferentes estados e, dentro destes, entre os países e as diferentes frotas.

Ademais, a europarlamentaria tamén se interesou pola contaminación das augas que e asegurou que hai unha "gran preocupación" entre as comunidades pesqueiras polo seu impacto na reprodución das especies de interese para a pesca.

Segundo indicou Lídia Senra, Karmenu Vella respondeu que "son os Estados membros" os que fan a distribución dos Totais Admisibles de Capturas (TAC) entre a frota do país e que desde a Comisión "ínstase a que se teñan en conta criterios ambientais e sociais nesa repartición".

"Unha vez máis, a Comisión elude a súa responsabilidade", criticou Lídia Senra, que sinalou que "aínda que é certo que a repartición interna é cuestión dos Estados, tamén é certo que son responsabilidade europea os criterios para asignar o dereito a pescar entre os Estados", indicou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta