Hernando (PP) di que se estudará o traspaso da AP-9, pero hai que "usar o mesmo criterio para todo o Estado"

O portavoz parlamentario do PP, Rafael Hernando, afirmou que o Goberno estudará a petición de transferir á Xunta a xestión da AP-9, pero advertiu que o Executivo ten que aplicar "un mesmo criterio para todo o Estado" nestes casos, xa que hai tamén "solicitudes de Valencia, Cataluña ou Andalucía".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 19:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PP, Rafael Hernando, afirmou que o Goberno estudará a petición de transferir á Xunta a xestión da AP-9, pero advertiu que o Executivo ten que aplicar "un mesmo criterio para todo o Estado" nestes casos, xa que hai tamén "solicitudes de Valencia, Cataluña ou Andalucía".

Nunha entrevista na Radio Galega, Hernando engadiu que "as comunidades tenden a pedir transferencias e despois non existen os recursos para manter os bens transferidos".

En canto ao atraso da chegada do AVE a Galicia, que agora se sitúa en 2019, Hernando manifestou que "se están solucionando os problemas" para facer "que chegue canto antes".

Así mesmo, confía en obter os apoios parlamentarios "necesarios para sacar adiante" os orzamentos estatais e, sobre o conflito de Cataluña, apuntou que Carles Puigdemont "desaproveitou unha oportunidade" ao non asistir á Conferencia de Presidentes.

"Sen leis e sen respecto ás leis non hai democracia. Todos os cidadáns teñen que ser conscientes de que os desafíos ao Estado de Dereito teñen consecuencias", esgrimiu.

Por último, preguntado acerca de se o futuro do PP pasa polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, Hernando limitouse a subliñar que o xefe do Executivo autonómico é "un gran referente e moi importante para o PP".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta