(AM) Citan o día 31 ao investigado pola morte da enxeñeira acoitelada en Vigo para trasladarlle a súa imputación

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo citou para o próximo 31 de marzo ás partes personadas na causa aberta polo crime da enxeñeira de 25 anos Ana Enjamio, procedemento que foi atribuído ao Tribunal do Xurado.

VIGO | 23/03/2017 | Actualizada ás 20:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo citou para o próximo 31 de marzo ás partes personadas na causa aberta polo crime da enxeñeira de 25 anos Ana Enjamio, procedemento que foi atribuído ao Tribunal do Xurado.

Así o comunicou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que indicou que as partes foron citadas ás 10,15 horas do próximo venres 31 para trasladar a imputación concreta ao investigado.

O único investigado como presunto responsable da morte da moza é un compañeiro de traballo con quen mantivera unha relación, César A.O., quen foi detido e permanece en prisión provisional desde o pasado 21 de decembro.

Ana Enjamio, unha moza de 25 anos de idade natural de Boqueixón (A Coruña), foi acoitelada na madrugada do 17 de decembro no portal do edificio onde vivía na Avenida de Madrid, en Vigo, á volta dunha cea de Nadal da súa empresa.

PROBAS

Segundo informou o TSXG, o segredo das actuacións na causa levantouse a principios de marzo, despois de que fose prorrogado en dúas ocasións "para preservar o bo fin da instrución" e para realizar dilixencias pendentes, entre elas o seguimento dos teléfonos móbiles da moza e do seu presunto agresor.

Pola súa banda, fontes próximas á investigación indicaron este xoves que o informe sobre o ADN recollido no lugar dos feitos --cuxo contido non transcendeu-- chegou á Policía Científica "hai poucos días", e xa foi remitido á autoridade xudicial. Este informe era a última proba pendente da Policía Nacional.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta