Falece un home de 46 anos en Santiago nun choque entre dous turismos en Santiago

Un home de 46 anos, J.V.B., faleceu e outra persoa resultou ferida grave tras un accidente entre dous turismos rexistrado no termo municipal de Santiago de Compostela na tarde deste xoves.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de 46 anos, J.V.B., faleceu e outra persoa resultou ferida grave tras un accidente entre dous turismos rexistrado no termo municipal de Santiago de Compostela na tarde deste xoves.

Ao redor das 17,45 horas un particular deu aviso á Central de Atención ás Emerxencias 112 Galicia alertando de que se produciu un sinistro entre dous vehículos na N-525 á altura da Susana.

O condutor do outro coche resultou ferido foi trasladado a un centro hospitalario por Urxencias Sanitarias 061. Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.

Segundo informa Tráfico da Garda Civil, o accidente produciuse por unha colisión frontolateral entre un Audi A4 e un Hyundai Accent. Un Equipo de Atestados de Santiago de Compostela instrúe dilixencias para tratar de determinar as causas. O Xulgado competente é o de Instrución de Garda da capital de Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta