Unanimidade na Cámara para pedir á Xunta prazas de enfermaría familiar e comunitaria no Sergas

O catro grupos con representación no Parlamento de Galicia (PP, En Marea, PSdeG e BNG) sumaron este xoves os seus votos para pedir á Xunta que cre prazas da especialidade de enfermaría familiar e comunitaria nos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 20:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O catro grupos con representación no Parlamento de Galicia (PP, En Marea, PSdeG e BNG) sumaron este xoves os seus votos para pedir á Xunta que cre prazas da especialidade de enfermaría familiar e comunitaria nos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Comisión quinta
Comisión quinta | Fonte: Europa Press

Foi a instancias da deputada de En Marea Eva Solla quen defendeu en comisión parlamentaria que suporá "unha mellora" para o servizo de atención primaria e denunciou que, pese ao compromiso anunciado pola Xunta, falta "planificación" para a dotación desta especialidade.

Trátase de "unha demanda máis que xusta" para o BNG, como verbalizou Montse Prado, mentres que o PSdeG apoiouna porque, como sostivo Julio Torrado, é "incoherente" formar profesionais que despois non se aproveitan. "Como ocorre co MIR", denunciou, á vista dos 2.500 formados por 322 contratados.

Pola súa banda, o parlamentario popular Aurelio Núñez Centeno lembrou que o Sergas xa anunciou tanto a creación de prazas como a apertura das listas de contratación temporal para esta categoría, de modo que secundou unha iniciativa cuxo debate, ao seu xuízo, xa non ten "moito sentido".

ACORDO SOBRE PERMISOS

Adicionalmente, na mesma comisión debateuse, da man de Montse Prado, sobre a necesidade de que o Sergas "sente" na mesa sectorial de sanidade para "negociar as demandas do persoal" en materia de permisos e licenzas.

"É unha iniciativa de mínimos", salientou a nacionalista, tendo en conta que non se pide alcanzar "un acordo" senón unicamente "sentar a negociar". Consciente do "queime" do persoal, Torrado apoiou a proposta, do mesmo xeito que fixo Eva Solla, para quen é "incomprensible" que nin sequera se intente un acordo.

Con todo, Marta Rodríguez-Vispo (PP) xustificou a súa negativa a apoiar a proposta en que o persoal do Sergas conta con "os mesmos" permisos e licenzas que o resto do persoal da Xunta. Ademais, apuntou que "en próximas datas" estableceranse "outro tipo" de sistemas de libranza.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta