Piden solucións ás verteduras contaminantes do río que abastece de auga a Ribadeo

As emisións contaminantes prodúcense no Concello de Barreiros por lixiviados derivados da fermentación de forraxe destinados ao gando.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 24/03/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pide solucións ás verteduras que desde hai tempo se están a producir ao río Grande, do que se abastece unha parte de Ribadeo, e que ocasionan que en días de chuvia se teñan que pechar as comportas e subministrar auga á veciñanza desde a outra captación procedente do río Eo. 

Río Grande, ao seu paso por Ribadeo
Río Grande, ao seu paso por Ribadeo | Fonte: teresaderibadeo.blogaliza.org

Xunta, Seprona e Confederación Hidrográfica do Cantábrico foron informados en reiteradas ocasións desta problemática, sen que se teña adoptado medida algunha para darlle solución. Por iso, o rexedor de Ribadeo considera que “se non nos fan caso haberá que acudir a outras instancias”. 

O rexedor referiuse critica que estas verteduras se producen noutro concello, concretamente, en Barreiros, e que son producidos pola incorporación de lixiviados derivados da fermentación de forraxe destinadas ao gando. Así, insiste en que o “único que quere” é ter “auga limpa” que se poida consumir.

“Estou farto, estamos fartos e preocupados e sentímonos desatendidos e humillados porque desde hai máis de dous anos foron incontables o número de envíos de escritos, de comunicacións verbais, pero sobre todo escritas porque o escrito permanece e pódese demostrar, que temos enviado á Consellería de Sanidade, á Consellería de Medio Ambiente, á Dirección Xeral de Saúde Pública, a Augas de Galicia, ao Seprona, á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, porque tamén algo teñen que dicir. E ata o de agora non temos ningunha solución”, critica.

Por iso, advirte; “Se non nos fan caso teremos pois que acudir a outras instancias onde nos fagan caso, porque nós estamos a representar a 10.000 persoas que non teñen por qué soportar esta situación”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta