Unha xornada dedicada ao galego e o portugués na Universidade de Londres

O Institute of Modern Languages Research da capital británica acolle un obradoiro sobre recursos e traballos de investigación arredor destas linguas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2017 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A lingua galega segue xerando grande interese nos principais centros de estudos lingüísticos do mundo. Agora, o Centro Camões de Lingua e Cultura Portuguesa no King's College londinense organiza un obradoiro sobre os estudos de lingua galega e portuguesa nunha xornada que terá lugar o 30 de marzo no Institute of Modern Languages Research, que forma parte da School of Advanced Study da Universidade de Londres.

Iniciativa posta en marcha no mundial de Brasil para impulsar o galego-portugués
Iniciativa posta en marcha no mundial de Brasil para impulsar o galego-portugués | Fonte: omundialfalagalego.com

O portugués e o galego son linguas romances historicamente relacionadas que comparten unha tradición literaria e unha continuidade de fenómenos lingüísticos a ambos os dous lados da fronteira. A dispoñibilidade de corpus multilingües levou a unha renovación dos estudos comparativos. A partir destas premisas, o obradoiro mostrará unha selección de recursos de dixitais e proxectos de investigación en áreas como a edición de textos, dicionarios, dialectoloxía e historia do idioma.

O obradoiro, titulado 'Portuguese and Galician Studies: research projects and digital language resources', será dirixido por João Paulo Silvestre (King's College de Londres) e Ignacio Vázquez Diéguez (Universidade da Beira Interior, Portugal).

A asistencia é de balde até encher o aforo na aula 246, Senate House, Malet Street, Londres, entre as 16.00 e as 17.30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 la imposición del gallego

nos imponen el gayego en londres i el govierno espaniol no haze nada

1 Merucu Xusticieru

Nostrus !!! Esto es una rebeliòn, ilùstranos con tu sapiencia, manifièstate !!!