Imputado un concelleiro da Coruña tras denuncia dun grupo de viúvas de Lugo

A presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo denunciou nos xulgados un dos carteis do Entroido na Coruña. Hoxe sóubose que o concelleiro de Cultura acaba de ser imputado. José Manuel Sande terá que responder a un presunto delito de ofensa aos sentimentos relixiosos.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 24/03/2017 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e o investigado non responderon polo de agora á noticia. Con todo, o municipio que goberna a Marea Atlántica prepara un comunicado sobre este asunto. No seu día o alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, defendérao argumentado que non se refería a ninguén en concreto e que ese é un disfraz común no entroido herculino. 

Cartel do entroido na Coruña
Cartel do entroido na Coruña

O orixe da disputa é un cartel deste entroido, no que se ve alguén disfrazado de Papa nun papamóbil co cáliz na man e a nariz vermella, como se estivese bébedo. A broma desatou unha ofensiva dos sectores máis conservadores e tamén do PP local en febreiro. 

O arcebispado de Santiago criticara que «nos carteis e o folleto editados polos responsables do entroido 2017 na cidade da Coruña, apareza unha viñeta alusiva ao Papa, cunha utilización da imaxe do Pontífice que nin se corresponde coa realidade nin garda relación algunha coa celebración lúdica que se publicita».

A organización católica dixera que o debuxo “fere os sentimentos dos crentes, pode implicar unha burla ás crenzas de miles de coruñeses e ofende, gratuitamente, a cuantos, católicos ou non católicos, senten un respecto profundo e sincero pola persoa do Papa”. Na súa opinión “as figuras que representan a todas as confesións relixiosas, católicas ou non, non deberían ser nunca obxecto de utilización ou manipulación, nin sequera baixo a escusa do divertimento ou de ocasións lúdicas”. A Asociación de Abogados Cristianos tamén pediu a retirada do cartel e o citado colectivo de viúvas de Lugo foi un paso máis aló, presentado unha denuncia. “Aunque el autor es un impresentable, los culpables son los que lo autorizan”, declarara a presidenta das viúvas, Aurora Carro.

Daquela o PP buscara sacar rédito, vinculando o deseño co goberno da Marea Atlántica. «E digo eu... algún día terá Xulio Ferreiro o valor de mofarse do Ayatola?», preguntouse en Twitter a deputada Paula Prado.  Rosa Gallego, voceira municipal, e Diego Calvo, líder provincial, sumáronse as críticas acusando ao alcalde de fomentar polémicas e burlarse dos católicos.

Sande, no centro, co cartel do Entroido 2017, do que houbo varias versións, unha delas causante da polémica
Sande, no centro, co cartel do Entroido 2017, do que houbo varias versións, unha delas causante da polémica

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración destacou o valor artístico da obra e deféndeunavinculándoa a liberdade de expresión , “máxime cando, coma neste caso, non se pode achacar ao autor ningunha intención lesiva cara a ningunha crenza ou confesión”. 

Na mesma liña se pronunciaron dende a asociación de ámbeto estatal FADIP  ao argumentar que " o traballo do autor non busca en ningún caso burlarse das crenzas senón reflectir o propio espírito do entroido, que desde fai centenares de anos baséase precisamente na crítica e a visión humorística da sociedade e as súas institucións e xerarquías”, argumentan citando a El Bosco como un dos autores que debuxou a relixiosos con fins humorísticos. 

O autor da obra, Alberto Guitián, defendeu a súa creación publicamente e dixo non entender tanto debate. En declaracións este sábado á Cadena Ser dixo que “a xente empezou a ver cousas onde non as había”, negando que sexa unha caricatura do Papa Francisco. Tamén as principais charangas do entroido herculino se pronunciaron a prol do cartel, acusando ao PPdeG de alimentar unha falsa polémica pois, din, o normal no carnaval e burlarse de todos, incluída a Igrexa. 

Polémica forzada, falsa, artificial ou non, o certo é que acaba de provocar a primeira imputación xudicial dun edil da Marea Atlántica e, sen dúbida, suscitará debate sobre os límites do dereito á liberdade de expresión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

13 Gj27

É todo un personaxe. Entrou na RAG sendo mozo da filla de Ferrín... Disque é de Vimiansu e di cousas como que esssta nuite non peguei ollu pq suaban os musquitos xDDDD

1 Sesees

Todo un triunfador

12 Cora

Podedes ver a esas viuvas nun programa da Telegaita que se chamaba " Onde vai a xente"

11 Coruñita

Ni siquiera una noticia de Gctoday sería más surealista. Un grupo de viudas denucián a un tipo, por un cartel carnavalero de lo más inocente. O las viudas aún están con la resaca del entroido, o hai jueces en posesión de un DeLorean que regresan al futuro desde 1950. Acojonante

10 RAPPHAEL e Gómez Borrego

ES-CAN-DA-LO esto é un ESCÁNDALO.

9 mostruo

É o animal clerical-franquista que todo fatxa leva dentro. Arelan aqueles tempos onde se repremia o entroido, e na semana santa, pechaban por lei dende cines a prostibulos. Unha cortina de fume que lle ben moi ben a mafia do Vaticano e os corruPPtelas, inzados de escándalo.