En liberdade con cargos un veciño de Boiro detido como autor de varios roubos

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Boiro como presunto autor de varios roubos rexistrados este mes de marzo, segundo informa a Benemérita. Tras pasar a disposición xudicial, o home quedou en liberdade con cargos.

A CORUÑA | 24/03/2017 | Actualizada ás 18:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Boiro como presunto autor de varios roubos rexistrados este mes de marzo, segundo informa a Benemérita. Tras pasar a disposición xudicial, o home quedou en liberdade con cargos.

Ao detido, de 35 anos, considéraselle autor de dous roubos en senllos establecementos de Boiro, usando para acceder a un dos negocios afectados unha escaleira que previamente fora sustraída dun vehículo empresarial que estaba estacionado na vía pública.

Así mesmo o día 20 denúnciase o roubo, nun trasteiro, de diferente material de construción e ferramentas, empregando para tal fin un modus operandi similar aos feitos delituosos do pasado 8 de marzo.

Tras a súa detención, puidéronse recuperar todos os obxectos subtraídos no seu último roubo e que xa foron entregados ao seu dono. Ao detido, con numerosos antecedentes por feitos similares, impútaselle a comisión de catro delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

DELITO CONTRA A SAÚDE PÚBLICA

Mentres, efectivos da área de Investigación da Garda Civil de Vimianzo, en colaboración coa Patrulla de Seguridade Cidadá, detiveron este xoves a un home de 51 anos por un delito de tráfico de drogas.

Os axentes interceptaron en Baio, no concello de Zas, ao home a bordo dunha furgoneta. Nela, localizaron ocultos no interior do vehículo 10 gramos de heroína.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta