Angrois.- O xuíz rexeita a suspensión da declaración do cargo de Adif investigado, como pedían o seu avogado e Adif

O titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago Louro, rexeitou a suspensión da declaración do cargo de Adif ao que citou como investigado polos supostos delitos de homicidio e lesións na causa que investiga o accidente do tren Alvia en Angrois, en xullo de 2013.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2017 | Actualizada ás 18:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago Louro, rexeitou a suspensión da declaración do cargo de Adif ao que citou como investigado polos supostos delitos de homicidio e lesións na causa que investiga o accidente do tren Alvia en Angrois, en xullo de 2013.

Nunha providencia con data de este 24 de marzo, á que tivo acceso Europa Press, o xuíz admite a trámite, pero nun só efecto, os recursos presentados tanto polo avogado do exdirector de seguridade na circulación investigado, Andrés Cortabitarte, como polo Avogado do Estado, en representación do administrador de infraestruturas ferroviarias (Adif).

Estima o maxistrado que non procede a suspensión da declaración do investigado, que xa foi aprazada e está fixada para o próximo 4 de abril.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta