Temas: BNG

O BNG conta con 2.400 participantes na súa Asemblea

Antes das baixas e das escisións, en 2009, 4.200 persoas incribíranse para a Asemblea de Amio. Esta fin de semana Ana Pontón volverá a ser elixida líder dunha fronte na que participan UPG, FOGA MGS e independentes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/03/2017 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

Unhas 2.400 persoas inscribíronse para participar na XVI Asemblea Nacional que o BNG celebra este fin de semana na Coruña e na que, a falta da votación da militancia, a actual portavoz nacional da formación, Ana Pontón, renovará o seu liderado.

Ana Pontón, portavoz parlamentaria do BNG
Ana Pontón, portavoz parlamentaria do BNG

No plenario que terá lugar no Palexco, o Bloque Nacionalista Galego marcará a súa folla de ruta para o futuro, que virará ao redor da figura de Ana Pontón, tal e como sinalaban as conclusións do proceso 'Adiante' que a formación nacionalista emprendeu tras a súa XV Asemblea para encarar a súa refundación.

En concreto, na cita que se celebra baixo a lema 'En Bloque cara a un tempo novo', o BNG renovará os seus órganos de dirección cunha única candidatura de consenso para o Consello Nacional, que integran un total de 100 persoas --50 aprobadas pola Asemblea Nacional e 50 polas comarcais--.

Da lista que irá a este plenario encabezada por Ana Pontón e integrada por 50 persoas, ademais da metade dos membros do futuro máximo órgano de decisión entre asembleas, tamén sairán os 19 nomes que formarán a próxima executiva nacional e que figuran nos primeiros postos da candidatura.

Así, entre outros dirixentes nacionalistas, incorporaranse á directiva do Bloque a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda; ou os deputados autonómicos Xosé Luís Rivas, Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará, entre outros.

Os responsables de Organización e Comunicación da formación, Goretti Sanmartín e Rubén Cela presentan a campaña da XVI Asemblea do BNG
Os responsables de Organización e Comunicación da formación, Goretti Sanmartín e Rubén Cela presentan a campaña da XVI Asemblea do BNG | Fonte: EP

DOCUMENTOS E EMENDAS

Neste plenario, así mesmo, someteranse a votación as teses da formación nacionalista tras o seu debate nas distintas asembleas comarcais. De cara a este máximo órgano de decisión, a militancia presentou 296 emendas ao relatorio político e aos principios organizativos, 14 propostas ao informe de xestión da organización saínte e 38 suxestións para actuacións futuras.

Deste xeito, na xornada do sábado, o Consello Nacional saínte presentará o seu informe de xestión, no que analiza o camiño andado polo BNG desde o seu XV Asemblea Nacional celebrada en febreiro de 2016.

Así, tras lembrar que as eleccións xerais de xuño do ano pasado certificaron as "peores previsións", con só 44.902 votos obtidos, sinala que os 120.000 apoios das autonómicas serviron de "estímulo para consolidar a recuperación política e electoral do nacionalismo".

Precisamente, tras estes comicios autonómicos, o Cosnello Nacional destaca no seu documento, ao que tivo acceso Europa Press, que se produciu "un importante incremento das persoas afiliadas". Neste sentido, detalla que, desde a pasada cita asemblea tivo 400 novas afiliacións, así como a integración da Fronte Obreira Galega (FOGA).

Ademais, entre outras cuestións, o máximo órgano de decisión entre asembleas da conta da situación financeira da formación. Así, explica que dos 4,2 millóns de euros que debía en 2013 pasará a terminar o ano 2017 cunha débeda inferior ao millón de euros.

OUTROS TEXTOS

Xa na xornada do domingo a militancia debaterá os documentos coas teses políticas, principios organizativos e regulamento. En concreto, no seu relatorio político, o BNG deixa clara a súa vontade de "ser a forza unitaria" do nacionalismo galego para o que se define como un movemento sociopolítico "aberto" e "capaz de integrar" e incide en que debe "esforzarse" para que isto sexa así percibido pola sociedade.

Neste sentido, ábrese a "novas incorporacións colectivas e individuais" e subliña a súa disposición de chegar a "acordos electorais con forzas e colectivos de ámbito galego, baixo a premisa o respecto do principio de auto-organización".

Para iso, márcase como folla de ruta elaborar un plan de traballo denominado 'Estratexia Avanza Galicia' para o período 2017-2022, que estableza o rumbo para o "avance e a consolidación política, social e institucional do nacionalismo galego nos próximos anos á marxe das conxunturas electorais".

TESES ORGANIZATIVAS

Pola súa banda, en canto á tese de organización, os textos que serán sometidos á consideración da XVI Asemblea Nacional sinalan que o BNG debe "afrontar e promover cambios que melloren a súa vida interna e a relación coa sociedade".

Ademais, subliña que o BNG "continua sendo o instrumento político máis válido para a articulación do nacionalismo en Galicia" e lembra que "a unidade e a cohesión interna son valores a preservar en todos os ámbitos da organización" para multiplicar as posibilidades de "penetración social e consolidación".

Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede da Asemblea do BNG
Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede da Asemblea do BNG
Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

13 nostrus

A ninguén se lle pode obrigar a disfrazarse para manter a cultura, nin a casrse pola igrexa para manter a tradicion, nin a lavar nun regato ou arar cunha parexa de vacas. As tontoteorias nacionalistas van contra a liberdade e o sentido comun. A xente elixe en liberdade ir ou non ir a misa y si hai moita xente que acude a ela poderemos dicir que Galicia é católica e si vai pouca poderemos dicir que non é, pero o que non podemos é obrigar a que a xente vaia a misa para logo dicir que Galicia é católica. A cultura resulta da practica individual e vonluntaria dun modo de vivir das personas e non ao reves, obrigar a xente a que teña un estilo de vida para configurar unha cultura. Imaxinade que se fixera o mesmo no parlamento, que se diseñara a sua composicion e que logo a xente tivera que votar dun determinado xeito para que acadase ese resultado. A cultura configurase dende abaixo en non dende arriba polas mentes nacionáticas.

1 Balbino

Orgulloso de non ter nada en común contigo.

2 Kollontai luguesa

Efectivamente, a ninguén se lle pode obrigar a ter que renunciar á súa lingua, coma me aconteceu a min de pequena. Tes razón, pero lémbroche que o galego é unha lingua que temos dereito a usar, non o deber de usala. Isto acontece con outra. O que ides acabar por facer é que pidamos todos falar en inglés posto que coma dicides vós valorades as linguas pola súa utilidade. Só sabedes dividir e crear fendas. Os da nova política rama centro dereita e rama centro esquerda sodes moi parecidos no fondo... O que pasa é que moitos dos outros esconden a súa fobia en contra do galego polos compis que escolleron. E lóxico cando o populismo, no teu caso convenientemente disfrazado de liberalismo, é o cerne. Pero xa o escribiu Pío Baroja: ""En España siempre ha pasado lo mismo: el reaccionario lo ha sido de verdad, el liberal ha sido muchas veces de pacotilla".

12 Berros galegos

Moi ben Poltronas, a seguir vivendo da teta upegalla ata a xubilación. Por 5 ou 6.000 euros ao mes de diñeiro de todos os galegos

1 Susórdenes

Como aportan estes comentarios, préstame moitísimo que alguén descubra que hai que pagar á xente por facer o seu traballo. Buah, e que acabas de abrirme os ollos a unha realidade nova para min. Eres o crack dos comentarios. Me quito el cráneo ante usted, poeta del pueblo, intelectual de las masas.

11 Dalle que libras

Congreso á BÚLGARA para elixir una Executiva de vividores da política como Ana Poltrona, Rubén Cela ou Bieito Lobeira. Eso si co apoio contínuo de La Voz de Galicia

10 Gamela

9 I LOVE ANA PONTON

que envexa teñen os velenosos de mareas-podreiras de anovados reanovados... estades botando mais veleno cas cobregas... ide rañala por ahia adiante o BLOQUE E O MOVEMENTO REFERENCIAL NA GALIZA!!! non sodes galegos sodes de expañol