Un triunfo para soñar

O Peixe Galego dá a sorpresa ao vencer 73-79 en Lleida e mantén a falla de cinco xornadas opcións de acadar a permanencia. Ourense Provincia Termal cae 93-77 en Logroño cun CB Clavijo que anotou ata 15 triplas, con 11/16 ata o lecer.

Por gcdeportes | Marín / Ourense | 25/03/2017 | Actualizada ás 08:47

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Força Lleida 73:
Jose Simeón (7), Nevels (14), Sevillano (0), Demetrio (6), Mbaye (18) –cinco inicial- Miguel Feliu (14), Rubín de Celis (6), Marc Martí (5), Sutina (3) e Hermet (0).
Marín Peixe Galego 79: Jorge Romero (15), Andrés Miso (3), Tim Derksen (18), Javi Múgica (9), Jason Cain (22) –cinco inicial- Gabe Rogers (6), Gregorio Adón (6), Manu Ferreiro (0) e Marc Bauzá (0).
Parciais: 16-20, 26-19 (42-39), 16-17, 15-23 (73-79).
Árbitros: Francisco José Zafra Guerra e Esperanza Mendoza Holgado. Expulsaron por cinco faltas persoais e Leonardo Demetrio do Lleida.
Incidencias: partido da 29ª xornada da LEB Ouro no pavillón Barris Nord de Lleida. O partido estivo suspendido varios minutos para reparar o aro dunha canastra.

Fran Guerra, autor de 17 puntos, tenta anotar ante Kupsas.
Fran Guerra, autor de 17 puntos, tenta anotar ante Kupsas. | Fonte: Carlos Domarco (COB)

Despois de seis derrotas consecutivas, Marín Peixe Galego deu a sorpresa 73-79 en Lleida ante un equipo que loita por estar no play-off de ascenso e agárrase con garra as súas opcións de salvación. A falla de cinco xornadas, aínda que segue como pechacancelas da LEB Ouro, Marín acada a sétima vitoria da Liga e mantense con opcións, a tan só unha vitoria de Peñas Huesca e a dúas de CB Clavijo e Barça B. Quedan cinco finais: Breogán, CB Prat e Gipuzkoa na Raña e Oviedo e TAU Castelló a domicilio.

En Lleida, reapareceu a mellor versión de Jason Cain, MVP do partido grazas a 22 puntos e 12 rebotes, ben secundado por Tim Derksen (18 puntos) e Jorge Romero (15). Andrés Miso, que só anotou tres puntos, tivo que retirarse no último cuarto mancado nunha perna.

O Peixe Galego amosou unha gran defensa (encaixou só 31 puntos tralo descanso) e decidiu o choque no último cuarto, no que acadou un parcial de 15-23. Perdía 65-60 a falta de sete minutos, pero deulle a volta ao marcador cun parcial de 0-7, que ampliou ata 2-13, para acabar impoñéndose por 73-79, con seis tiros libres anotados sen erro no último minuto.

Ficha técnica:
CB Clavijo 93:
Enric Garrido (3), Pressley (26), Galarreta (10), Bonifant (24), Kupsas (8) –cinco inicial- Alberto Martín (0), Carles Bravo (8), Norris (10) e Olumuyiwa (4).
Ourense Provincia Termal 77: Christian Díaz (14), Mitrovic (7), Jukic (0), Dmitry Flis (13), Fran Guerra (17) –cinco inicial- Martín Rodríguez (0), Kapelan (11), Kyle Hittle (3) e Devin Wright (12).
Parciais: 33-18, 21-23 (54-41), 14-15, 25-21 (93-77).
Árbitros: Germán Morales Ruiz e Jesús Martínez Prada. Sen eliminados.

Jason Cain, MVP en Lleida, tenta taponar a entrada do ex-Peixe José Simeón.
Jason Cain, MVP en Lleida, tenta taponar a entrada do ex-Peixe José Simeón. | Fonte: @flleida

Dúas de Bonifant e unha de Galarreta e o COB xa perdía 11-2 en apenas catro minutos. Tres máis de Pressley e outra de Garrido. CB Clavijo anotou 7/9 en triplas no primeiro cuarto, no que Ourense apenas opuxo resistencia, e abriu unha fenda de 15 puntos (33-18). Un mal primeiro cuarto e as triplas locais foron argumentos dabondo para unha clara derrota do COB na viaxe á Rioxa. No resto do partido, Ourense foi a remolque do rival. Paseniño, con moito traballo, o equipo de Gonzalo García foise metendo na pelexa e chegou a poñerse a seis (78-72) a 4:12 para o final. De novo Pressley e dúas triplas máis de Bonifant racharon co partido. Entre estes dous xogadores, 50 puntos e 9/13 en triplas, mentres que COB só anotou 7/20 dende 6,75.

Ademáis, Palma deu a sorpresa e venceu na pista de Palencia (78-79) cunha tripla no último segundo de Carles Bivià, e aperta a loita por entrar nos play-offs de ascenso: Ourense, Palma e Melilla (cun partido menos) teñen 16 vitorias e 15 Lleida. Catro equipos para tres postos, e a vindeira semana, Burgos, candidato ao ascenso directo, visita o Paco Paz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta