Temas: TRáFICO AP-9

Por que o Estado nega a Galicia as competencias en tráfico que deu a Cataluña e País Vasco?

PP e PSOE veñen bloqueando sistematicamente en Madrid todas as iniciativas para a transferencia á Xunta de competencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria. Só o ano pasado, o Estado, a través da DGT, recadou en Galicia máis de 19 millóns de euros en multas de radar. Ademais, a transferencia da AP-9 segue atascada. Mentres, cataláns e vascos gozan desas competencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia é a única das tres autonomías históricas do Estado español que non ten transferidas competencias sancionadoras en materia de tráfico e circulación de vehículos a motor; tampouco en xestión de autoestradas. Mentres Cataluña e País Vasco teñen facultade para xestionar as súas autoestradas e sancionar as infraccións cometidas nas vías do seu territorio mediante órganos competentes propios designados polos seus respectivos Consellos de Goberno, Galicia non ten autonomía nestas materias e todas as sancións en vías interurbanas ou travesías dependen da Dirección General de Tráfico (DGT), mentres que a AP-9 segue en mans do Estado, malia as reivindicacións do Parlamento galego.

Autoestrada AP-9 en Chapela, Redondela
Autoestrada AP-9 en Chapela, Redondela | Fonte: Galipedia

As competencias transferidas a Cataluña e País Vasco non inclúen a suspensión ou retirada do permiso de condución, xa que sempre corresponde á delegación do Goberno central e, neses casos, deben trasladar o expediente sancionador á Administración estatal. Pero as multas e, polo tanto a recadación das mesmas, quedan nos territorios catalán e vasco. Porén, Galicia deixou de recadar directamente en 2016 19,2 millóns de euros por sancións de radar, que son a suma das multas interpostas pola Dirección General de Tráfico no noso territorio.

O certo é que Galicia non mantivo unha actitude pasiva ao respecto. As peticións de traspaso de competencias en materia de tráfico veñen de lonxe, pero Madrid sempre se negou a concederlle á Xunta as competencias que si transferiu á Generalitat catalá e a Lehendakaritza vasca.

NOVE ANOS DE PETICIÓNS SEN RESULTADOS

Xa en abril de 2008, o Parlamento galego pediu por unanimidade a transferencia de Tráfico a Galicia. Daquela, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, o socialista Xaquín Fernández Leiceaga e o popular Jesús Palmou foron os designados como encargados de defender no Congreso dos Deputados a proposición de lei que, co apoio de todos os partidos con representación no Parlamento galego, reclamou o traspaso a Galicia das competencias do Estado en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria.

A AP53, a autoestrada que une Santiago con Ourense.
A AP53, a autoestrada que une Santiago con Ourense.

Sen unha reforma do Estatuto, as competencias de tráfico son exclusivas do Estado e só poden ser transferidas mediante un procedemento de delegación, previsto na Constitución, que esixe a aprobación dunha lei orgánica no Congreso dos Deputados en Madrid. Ese texto de lei foi o proposto á Cámara baixa en 2008 e debatido en 2010.

O texto da iniciativa, de só tres artigos, propuña a transferencia das facultades de execución da lexislación do Estado en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria cunha soa excepción: a expedición de permisos de conducir e de circulación, como sucede en Cataluña e País Vasco, atribuíndolle á Policía autonómica as funcións de vixilancia, cuxas competencias en tráfico xa foran previstas na lei coa que foi creada.

BLOQUEO DE PP E PSOE EN MADRID

Chegado o momento decisivo, en setembro de 2010, PSOE e PP bloquearon en Madrid o traspaso a Galicia das competencias de tráfico, votando distinto do que fixeron no Parlamento galego. En particular, o Partido Popular mantivo a mesma actitude contraditoria e paradoxal que mantén agora sobre o futurible traspaso da autoestrada AP-9, para o que os conservadores apoian a petición no Parlamento galego pero a rexeitan nas Cortes en Madrid. A historia, polo tanto, repítese no que se refire ás competencias de Galicia en tráfico e xestión de vías.

Só o BNG votou daquela o mesmo en Compostela e en Madrid. As razóns que sempre esgirmiron os nacionalistas para apoiar estas transferencias son basicamente dúas: é un elemento imprescindible para despregar o desenvolvemento da Policía autonómica e para que Galicia faga políticas de tráfico e seguridade viaria adaptadas ás súas características e necesidades singulares do noso país, que pola súa climatoloxía, orografía, demografía e a súa especial rede de estradas require unha xestión diferente.

''Somos a Comunidade Autónoma coa rede viaria máis densa do Estado, con moitas estradas secundarias, cunha alta dispersión xeográfica e unhas características orográficas e un clima que teñen moito peso na seguridade viaria", argumentou o daquela portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, quen lembraba que Galicia rexistra un índice de sinistralidade ''moi por enriba'' da media estatal.

Porén, o voto en contra do PSOE (daquela no Goberno central) e a abstención do PP en 2010 impediron que se aprobase no Congreso dos Deputados a iniciativa do Parlamento galego para transferir a Galicia as competencias en materia de tráfico e seguridade viaria. A proposta só contou con 25 votos de apoio correspondentes aos partidos nacionalistas e o grupo mixto da Cámara Baixa.

O voto en contra do PSOE en Madrid argumentouse en que as "excepcións" para Cataluña e País Vasco ampáranse na situación "tan peculiar" das súas respectivas Policías autonómicas, distintas, dixeron, da de Galicia, onde as unidades operativas "non están nin material nin efectivamente creadas", defenderon.

Esa postura contraria dos socialistas en Madrid contrastou coa do representante galego do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen non dubidou en cualificar o rexeitamento como un "agravio comparativo" fronte as outras comunidades autónomas históricas. Pola súa parte, Pedro Puy (PP galego) tentou xustificar a diferenza de votos entre a sección autonómica e estatal do seu parido en que "o anómalo sería que todos votasen o mesmo", dixo daquela.

Porén, Quintana, portavoz do BNG na delegación galega, advertiu entón que houbo "medo" a que "dentro da arquitectura institucional do Estado, Galicia xogue o mesmo papel que Cataluña e Euskadi". "Non é admisible que as forzas estatais digan unha cousa en Galicia e outra en Madrid", dixo Quintana, quen  logo cualificou a situación como unha "tomadura de pelo".

A petición quedou, polo tanto, nunha vía morta da que non semella que vaia saír a curto prazo, malia que segue sendo unha prioridade para Galicia, que é a terceira autonomía que máis cartos aporta ao Estado pola vía das multas de radar. Só o ano pasado contribuíu ás arcas públicas estatais con 19,2 milllóns de euros.

NOVO ASALTO: A AP-9

Así as cousas, o novo asalto entre Compostela e Madrid é pola transferencia das competencias sobre a autoesrada AP-9. A historia semella seguir exactamente os mesmos pasos que no pasado: todas as forzas unidas en Galicia pero, ao chegar á capital do Estado, separadas por intereses distintos

Ao igual que fixeran en 2010, os representantes do PPdeG tentan xustificar ante os seus colegas conservadores en Madrid que estas peticións de transferencias de competencias nada teñen que ver cunha cuestión identitaria nin soberanista, tentando restar aquel medo que xa advertiu Quintana en 2010 a unha Galicia máis autónoma e consciente e responsable das súas singularidades.

Tamén no PSdeG repiten discurso ao defender as condicións particulares de Galicia, se ben esta vez o aparato estatal non se mostrou abertamente contrario, como si fixo en 2010 no traspaso de competencias de tráfico.

O certo é que o escenario mudou —agora, co PP no Goberno central— e no taboeiro hai novos xogadores e distintas condicións ás de 2010: agora, quen se opón é un PP en minoría no Congreso, pero apoiado por Ciudadanos; o PSOE desta vez si está a prol da transferencia da AP-9 e o BNG foi substituído en Madrid por En Marea, que atopa o amparo non só doutras forzas nacionalistas en Madrid, senón tamén do grupo de Podemos.

Con todo, o Goberno central segue na súa teima, co seu veto, de seguir negándolle a Galicia competencias en todo o que ten que ver coa xestión do tráfico terrestre. A ofensiva do Parlamento galego, onde PPdeG, PSdeG, En Marea e BNG manteñen unha postura unitaria, malia diferenzas e críticas ao PP, non obtivo froitos até o de agora. O Goberno central seguirá mantendo a titularidade da Autoestrada do Atlántico (AP-9), aínda que aceptou crear unha comisión bilateral "ao máis alto nivel" coa Xunta para "compartir" as decisións máis importantes que afecten á infraestrutura, co obxectivo de "mellorar" a xestión dunha das principais arterias de comunicación de Galicia.

A pelexa, de novo, está aberta e aínda restan asaltos, pero Gaicia podería ver as súas reivindicacións paradas outra vez nunha vía morta, sendo comparativamente agraviada de novo. Porque tamén en materia de xestión de estradas e autoestradas Cataluña e País Vasco gozan de privilexios que se lle negan a Galicia, como é a titularidade de vías de pago e gratuítas de carácter fronteirizo. En concreto, o Estado transferiu en 1995 ao Goberno catalán as antigas A-17 (Barcelona-La Jonquera) e A-19 (Barcelona-Mataró), e en 1999, ao vasco, a AP-8 (Bilbao-Behovia). Ao igual que a AP-9 galega, estas autoestradas teñen carácter transfronteirizo, estaban catalogadas como de interese xeral polo Estado e son claves na vertebración do territorio e a conexión de grandes infraestruturas, como portos e aeroportos. 

A chave segue en Moncloa. E a historia volve repetirse. 

Temas: TRáFICO AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

11 Lourenço da Mo

Umha cousa Galicia Confidencial. A CAG nom necessita dum novo estatuto para receber essa competência, pois ja está recolhida junto com o da criaçom de polícia autonómica no presente estatuto. Em época de ZP quigerom vender-nos que com novo estatuto teriamos tráfico, querendo coma quem di, que pagaramos 2 vezes pola mesma compra. O que nom passou nunca até onde eu sei, é que umha demanda unánime dum parlamento dumha nacionlidade encontrara a negativa do parlamento espanhol. Mais bem essa falta de unanimidade lhes serveu boa parte das vezes para negar algo. Aqui falamos todos os galegos, coma quem diz, e a todos nos derom com a porta na cara.

10 Celtian

O que está claro é que resultar unha estupidez traspasar determinadas competencias ás comunidades autónomas. Acábase gastando moito máis e de forma máis ineficiente. Para o único que realmente serve é para crear máis postos de políticos, asesores e enchufados

1 concordo parcialmente

Porque o do enchufismo e o roubo dos nossos recursos solucionábase administrando nós os galegos a riqueza da Galiza.

2 Galegos ladróns

Non busques as causas dos problemas tan lonxe. Os que máis rouban en Galicia son....galegos; os máis caciques son....galegos de pura raza; os que máis parasitan os partidos, sindicatos e administracións púbicas son...galegos. Esta é a realidade dos problemas da nosa terra

3 Lourenço da Mo

Claro claro, a culpa é nossa que somos tam de pura sangue que nos roubamos sempre a nós mesmos ainda que nos multem quase num 100% mais que na media espanhola. O nível de sinistralidade tambem se debe a que somos nós, que somos mais tuzaros e animalinhos que os da meseta e nem sabemos tomar as curvas. Que tenhamos tantos nucleos povoados e umha rede de estradas em consequência sem comparaçom possível com o resto do estado nom tem nada que ver. Que Ao propôr-lhe desde o parlamento galego a Madrid a transferência, nos digam que podem partilha-la, levando nós o mantementeo e eles a recadaçom, débe-se a que os galegos somos oas maiores ladróns que há na nossa Terra. Desculpe o senhor mas nom lhe vou mercar a sua bosta racista de coloniçado abducido... que tenha um bom dia

9 Gamela

VOTO por GC para a defensa das transferencias no Parlamento de Madrid !!! Moi bo artigo, noraboa e grazas por ilustrar a situación de BLOQUEO Discriminatorio !

8 Xonc

Moi fácil, ter ou non ter un/uns partidos nacionalistas fortes. Non hai máis. Chámese BNG, Anova, CxG... co resto non pintamos nada de nada

7 Bufffff

A ver, que no nos caímos de un guindo... Esta aspiración nacionalista va en el camino de que el Estado no tenga competencias en nuestra región y la autonomía cuente con una estructura de estado cada vez más completa para poder proclamar la independencia en el momento propicio. Los nacionalistas se meten drojas. Galicia es naturalmente española. Aquí tenemos los pies en el suelo, la gente no delira en modo nacionalista con chauvinismo como si no tuviese abuela. Somos conscientes de que recibimos más de lo que damos, como comunidad pobre que somos. Por lo tanto es bueno que el estado ejerza aquí algunas competencias para que los nacionalistas no deliren con una independencia que creen tener a puntito con las cuentas del Gran Capitán que hacen sobre eléctricas, lo que recauda Madrid, etc.

1 Rebufff

Galicia é pobre? Producimos máis enerxía eólica que ningunha outra do Estado e estamos inzados de encoros. Temos unhas condicións privilexiadas para a produción primaria (gandeiría, agricultura, madeira, pesca,...) e máis aínda para o turismo. E que obtemos a cambio? Unha factura desorbitada da luz, uns prezos do leite que dan a risa, a destrución do noso patrimonio e medio ambiente no benefizo das pasteiras/enerxéticas,... e aínda hai xente coma ti que din que somos pobres e que recibimos máis do que dámos. Como se adoita dicir: mexan por nós e hai que dicir que chove...

2 mose ko

Discrepo. O noso problema é que non sobran parasitos no sector público, Xunta, deputacións e concellos, así como en partidos políticos e sindicatos. Esas decenas de miles de parasitos sociais non teñen ningunha gana en traballar en algo produtivo

3 esceptico

Galicia non é naturalmente española, porque españa non é un fenómeno nen un ente natural. É unha convención organizativa adoptada por un determinado grupo humano nun momento determinado, e que como todas as cousas terá unha duración determinada (o planeta ten 4500 millóns de anos). Evidentemente Galicia tampouco é un ente natural. Ao ser construccións puramente sociais, corresponde á mesma sociedade decidir se existen ou non, se se manteñen ou se se trocan. As veces polas boas, e as veces polas malas. Así sucedeu dende hai miles de anos, e así seguirá a suceder por moito que non empeñemos en dicir que chegou o "fin da historia".

4 Lourenço da Mo

Eu cóido que se exportamos gente tam válida coma ti, começam sair as contas! Galiza recebe menos do que aporta, e basta ver estatisticas de flujos, como se fai em Europa, e nom a léria barata das balanzas fiscais. Que com todo, hoje Galiza tenha menos poder político, um sistema financeiro saqueado e a melhor geraçom da história figindo em massa, débe-se ao actual satus quo ao gosto de Madrid e a submissom política dos galegos, nom a nossa falta de capacidade objetiva. Nós se queremos podemos, claro que outros, que vivem do saqueo, começariam a perder o que nom estam dispostos a perder.