Temas: PODEMOS

Podemos Galicia crea unha comisión de consensos integrada polas dúas vertentes do Consello

Estará formada por seis persoas e abordará a interpretación dos documentos saídos de Vistalegre II

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2017 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O Consello Cidadán Autonómico (CCA) de Podemos Galicia acordou a creación dunha "comisión de consensos" que abordará a interpretación dos documentos saídos de Vistalegre II e que estará formada por seis persoas que representarán ás dúas vertentes existentes no órgano de dirección da formación morada galega. Así o anunciou a súa secretaria xeral, Carmen Santos, ao termo dunha reunión do CCA celebrada na mañá deste sábado en Santiago que se prolongou durante máis de tres horas.

Carmen Santos e Juan Merlo, en rolda de prensa
Carmen Santos e Juan Merlo, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Alí, acompañada polo secretario de Organización, Juan Merlo; o deputado de En Marea e portavoz do grupo de críticos coa actual dirección do partido Pancho Casal e o membro da executiva nacional Pablo Fernández Alarcón; Santos destacou a "moi boa sintonía" da reunión, onde levou a cabo un "debate moi construtivo".

O encontro deste sábado do CCA produciuse xusto unha semana despois de que 18 dos 35 membros do órgano de dirección do partido se reunisen sen a secretaria xeral e aprobasen cambios na executiva de Podemos Galicia. Unha reunión que volveu ser desacreditada por Carmen Santos, quen recalcou que o CCA da pasada fin de semana carecía de "carácter legal". Na mesma liña expresouse horas antes o secretario de organización, Juan Merlo, quen, en declaracións aos medios mentres se celebraba o Consello Cidadán deste sábado, incidiu que "unha reunión que non está presidida pola secretaria xeral non ten validez vinculante para nada".

COMISIÓN DE CONSENSOS

Así as cousas, Carmen Santos anunciou a creación desta "comisión de consensos", que foi aprobada por "unanimidade" e que ten como obxectivo "a interpretación dos documentos nas partes que son interpretables", xa que, segundo a secretaria xeral, "outras están claras".

Esta comisión estará integrada por seis persoas, tres de cada corrente presente no Consello Cidadán Autonómico (por unha banda a oficial cos afíns a Santos e, por outra, os coñecidos como "críticos").

Con todo, Santos aclarou que aínda non están definidos os nomes que comporán esta comisión, que se darán a coñecer este domingo debido a que algúns membros do CCA non puideron asistir ao encontro deste sábado de forma presencial, aínda que si participaron por videoconferencia.

Así, asegurou que a reunión deste sábado serviu para evidenciar que entre as dúas correntes "hai máis cousas que aproximan que diferencian", polo que se mostrou confiada en "chegar a acordos en cuestión de modelos dentro dos novos marcos estatais e respectando a vontade da asemblea cidadá galega".

CAMBIOS NA EXECUTIVA

Ademais, volveu a abrir a porta a que se produza unha renovación na executiva de Podemos Galicia, unha cuestión que "se dirimirá" na citada comisión de consensos.

"Por desgraza, por estas cuestións non estamos a falar do noso verdadeiro traballo que nos ocupa a maior parte do tempo", manifestou Santos, para logo engadir que é preciso "saír desta dinámica para falar do que de verdade daña aos cidadáns, que non é como interpreta Podemos Galicia un artigo ou outro".

"MADUREZ POLÍTICA"

Á reunión do Consello Cidadán Autonómico deste sábado acudiu o responsable de alianzas de Podemos a nivel estatal, Pablo Fernández, quen destacou a "madurez política" do Consello Cidadán galego, no que "existe o consenso claro de que un non pode pasarse as reunións discutindo sobre uns artigos ou outros".

"A sensación que teño é que existen acordos políticos claros e moitos malentendidos con cuestións que teñen que ver con cousas moi pequenas. Hai que traballar en pequenos grupos se se queren solucionar e o que vin é que existe a vontade clara de solucionalos", manifestou Pablo Fernández.

Temas: PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 A ma marla a Parla

A ke hora reparten hostias?

4 Al Vi

E non anda por ahí Carlos del Río enredando?

3 Eu mesmo

Favor de ensinarlle (ou pagarlle) ao tal Pancho Casal (deputado no parlamento en Compostela), unhas aulas de galego, pois cada ves que escrebe nas redes sociais, pois fora delas non se lle ve, mete medo o seu desprezo ao idioma, pois nin o gaio emprega. Éis o nivelaso desta xentiña!!!

2 Xonc

Os probes discutindo ata que chegue a orde dende Madrid do amago líder macho alfa Iglesias como fixo nas Autonómicas.

1 Kollontai luguesa

Pois anda que non teñen traballo. Pero, total dá igual: manda Pablo e teñen os seus amigos de certos medios.