Dúas pratas e catro bronces, balance das cervexeiras galegas no Barcelona Beer Challenge

Dúas pratas e catro bronces. Este é o balance das cervexeiras galegas no Barcelona Beer Challenge (BBC), o concurso de cervexas artesás máis importante do sur de Europa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2017 | Actualizada ás 12:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas pratas e catro bronces. Este é o balance das cervexeiras galegas no Barcelona Beer Challenge (BBC), o concurso de cervexas artesás máis importante do sur de Europa.

As cervexeiras galegas CervexaNÓS, Cervexa Artesá Aloumiña, Faxilda, Menduiña e Kel's foron as premiadas con dúas pratas e catro bronces, segundo indicou a organización nun comunicado.

'Orixinal', de CervexaNÓS, foi prata na categoría Belgian Ale. Pola súa banda, a cervexeira Cervexa Artesá Aloumiña obtivo unha prata con 'Aloumiña Loure' (unha Belgian Blonde Ale) e un bronce con 'Aloumiña Salgadiña' (na categoría Historical Beer).

Menduiña foi galardoada co bronce por 'Maria Soliña' e Kel's levouse o terceiro premio con 'Heavyness' na categoría Wee Heavy.

Os premios concedéronse segundo a puntuación de máis de 50 xuíces, que decidiron outorgar o premio á mellor cervexeira da edición 2017 da BBC á norteamericana Founders Brewing CO.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta